A crise e a política de subvencións da Xunta liquidan aos medios nacionalistas

A delicada situación económica, a política de subvencións do goberno do PPdeG e a ineficacia na xestión dalgúns medios está a provocar a desaparición da práctica totalidade dos medios en galego. No caso de A Nosa Terra, o SXG e a CIG denuncian o peche da publicación malia ser viábel e sen negociar cos traballadores.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/09/2010 | Actualizada ás 23:00

Comparte esta noticia

O último en anunciar o peche é o histórico semanario A Nosa Terra que deixa de imprimirse por graves débedas da empresa, Promocións Culturais Galegas, dominada por Udra Medios, filial do Grupo San José.

O peche desta públicación, voceira das Irmandades da Fala, e cun século de historia, chega logo de meses de inestabilidade económica e dunha máis que discutida xestión por parte do actual equipo directivo. Pero o toque de gracia recibiuno A Nosa Terra da Xunta de Galicia, que conxelou todas as axudas e a publicidade tanto ao semanario coma ao a editorial A Nosa Terra.

Inversión do Grupo San José

O Grupo San José desembarcou en Promocións Culturais Galegas no 2007 cun montante superior ao millón e medio de euros, pouco antes de invertir case sete millón, tamén, en Xornal de Galicia. Foi entón cando a empresa iniciou unha ambiciosa expansión que resultou un fiasco e que se agravou logo de que o PPdeG chegara ao poder.

O anuncio de Alfonso Eiré a algúns medios de comunicación sobre o inicio dun proceso concursal desatou a indignación entre os traballadores da empresa, uns 25, dos case 40 que chegou a ter en 2008. O anuncio trae aparellado un ERE que podería deixar na rúa a case a un 75% da plantilla. De feito, tan só quedarían tres traballadores no semanario e outros tres na editorial.

Quinto peche

A Nosa Terra é o quinto medio nacionalista en pechar ou pasar serios problemas en menos dun ano. Precedeno os históricos Vieiros, que pechou, o comarcal a Peneira ,que botou aos seus tres redactores, e o dixital Gznación e a rede social Chuza, que tamén pecharon. Todos eles utilizaban o galego como lingua veícular.

Detras destes peches atópase a crise ecónomica pero, sobre todo, a falta de axudas das administracións públicas, principalmente, da Xunta de Galicia. Unha situación que pon ao descuberto que, sen a actual política de subvencións oficiais (Goberno galego, deputacións e concellos), desaparecerían a maior parte das cabeceiras galegas, algunhas das cales acumulan importantes déficits nas contas.

Comunicado do SXG sobre o peche de ANT

Sobre o caso concreto de A Nosa Terra, o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) e a CIG acaban de facer público candaseu comunicado, que reproducimos a continuación, primeiro o do SXG:

Jacinto Rey non pode pechar A Nosa Terra sen negociar un plan de viabilidade

Vigo, 3 de setembro 2010.- O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) reclama ao Grupo San José, propietario do semanario A Nosa Terra (ANT), o mantemento do máximo número posíbel de postos de traballo neste medio de comunicación. O SXG critica que a empresa anunciase na prensa a paralización temporal desta centenaria publicación sen presentar ningún plan de viabilidade, malia que os traballadores levan máis de ano e medio reclamándollo a través do seu delegado sindical, elixido pola CIG.

Ademais, o SXG denuncia que a empresa acumula continuos atrasos nos pagamentos dos salarios, que neste intre suman dúas mensualidades. O Sindicato esixe o pronto abono das nóminas, pois A Nosa Terra pertence a un gran grupo empresarial, a construtora San José, que dirixe Jacinto Rey, con capacidade suficiente para facer fronte ao soldo de 25 traballadores.

Segundo a información remitida pola propia compañía ao Rexistro Mercantil, A Nosa Terra facturou en 2009 máis de 1,6 millóns de euros, cantidade de abondo para asegurar a supervivencia do semanario e o pagamento das débedas a curto prazo, que para 2011 e 2012 suman menos de 160.000 euros exclusivamente con Caixanova.

Quen é o dono de A Nosa Terra?

Un nivel de débeda asumíbel pola Construtora San José, principal accionista de A Nosa Terra. O grupo construtor controla a editorial a través da sociedade Promoción Cultural Galega 2007, presidida por Alfonso Eiré, tamén presidente de ANT, pero cuxas accións corresponden en máis do 97% a Udra Medios, filial do Grupo San José e que tamén é accionista maioritario de Xornal de Galicia. É inexacto, malia o publicado nalgúns medios, que Alfonso Eiré sexa o propietario da empresa, unicamente é o presidente que actúa de pantalla ante o verdadeiro propietario, Jacinto Rey.

San José mantén ao fronte aos responsábeis da crise

Ao igual que xa denunciara a CIG nun comunicado antes do verán, o SXG considera que ANT arrastra dende varios anos unha "mala xestión" que de ningún modo poden pagar exclusivamente os traballadores e traballadoras. Uns traballadores aos que se lles ocultou durante máis dun mes a presentación do concurso de acredores do que tiveron que enterarse pola prensa, actuación da dirección de ANT, presidida por Alfoso Eiré, que só merece o cualificativo de inmoral.

San José non pode forzar o peche do que fóra voceiro das Irmandades da Fala mantendo a súa vez ao fronte da empresa aos actuais xerentes, que son evidentemente os responsábeis directos do malgasto e da caída de vendas dos últimos anos.

Responsabilidade da Xunta de Galicia

Ademais da responsabilidade directa e principal dos actuais xerentes, que a pesar de abocar a ANT a esta situación non foron relevados polo Grupo San José, o SXG considera que o actual goberno da Xunta de Galicia tamén ten a súa parte de responsabilidade debido á drástica redución nas axudas aos medios escritos en galego e ao libro escrito en galego.

O SXG quere facer chegar unha mensaxe de apoio tanto ao delegado sindical como á CIG nas medidas que estimen oportunas coordinar ante esta difícil solución.

Por último, o Sindicato chama a todas as administracións a que tomen medidas urxentes ante a continúo feche e despedimentos de medios de comunicación nos últimos meses, especialmente entre os editados en galego. Cómpre lembrar que o Estatuto de Autonomía obriga á Xunta e aos poderes públicos a promover o uso do idioma propio en novos eidos, como os medios de comunicación.

Comunicado da CIG:

A CIG responsabiliza á dirección de A Nosa Terra da grave situación económica que atravesa a empresa

O sindicato denuncia que os responsábeis do semanario non comunicaron a suspensión de pagos os traballadores/as e non descarta convocar mobilizacións de protesta

A federación de Químicas e Enerxía da Confederación Intersindical Galega responsabiliza ás distintas direccións do semanario A Nosa Terra da grave situación económica que atravesa a empresa e que obrigou os seus responsábeis a suspender pagos. Dende a central nacionalista critican tamén o feito de que os xestores da publicación non comunicaron ao representante dos traballadores e traballadoras a entrada no proceso concursal e reclaman que se lles facilite información.

Dende a o sindicato lamentan en primeiro lugar os problemas que atravesa a histórica cabeceira do nacionalismo galego e sinalan ás súas distintas direccións como responsábeis da situación. Aínda que son conscientes do drástico recorte nas axudas da Xunta aos medios que se editan en galego -principal argumento esgrimido por A Nosa Terra para xustificar a súa desaparición en papel- o secretario nacional da federación de Químicas e Enerxía da CIG, Alberto Gonçalves, indica que “nin a actual dirección nin as anteriores souberon xestionar a empresa, sobre todo en épocas de bonanza económica”. Neste senso, define o sucedido como a “crónica dunha morte anunciada”.

Dende a central amósanse especialmente críticos coa actitude da actual dirección, xa que ninguén lle comunicou ao delegado sindical a entrada no proceso concursal. “Existe unha falta de información total aos traballadores e traballadoras, que non saben de forma oficial o que está a acontecer na empresa”, lamenta Gonçalves. Ao mesmo tempo, lembra que levaban máis dun ano reclamándolle á dirección un plan de viabilidade “que nunca chegou” para tratar de reconducir a situación.

Finalmente, adiantan que ademais das pertinentes accións legais non descartan iniciar un calendario de mobilizacións para denunciar a situación que están a padecer os 28 empregados do semanario.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

12 D.Rabinovich

Igual que la esencia de la DEMOCRACIA es la libertad,la esencia de la corrupcion es comprar opiniones,a traves de subenciones interesadas. ¿Cuanto nos ahorrariamos si se suprimiesen todas las subenciones a la prensa,pero a toda la prensa. De esa supresion: ¿no creen que surgiria una nueva prensa mucho mas libre y profesional?

1 Porco Johns

Pois non che falta razón Rabinovich. A verdade é que xa fede un pouco toda esta historia de cambio de governo, cambio de medios subvencionados.

2 Walkiria

Non che falta razón, entón por algo hai que empezar, primeiro pechamos a prensa en galego e... logo.... bueno logo xa veremos. Que casualidade que só pechen a prensa en Galego.

11 Un12

E os medios espanholistas 'La Voz de Galicia', 'Faro de Vigo' etc. resistem polas subvençoes milionárias do Feijoo senao há tempo que estariam fechados.

10 Gharelo

Novas da Galiza manten-se unicamente através das quotas dos seus subscritores. Se os reintegratas e os indepes (que cabemos todos num táxi) somos quem de manter um jornal é questom de vontade que os seitores maioritarios do nacionalismo tenham nom um, senom um cento de meios. Nom necesitam grandes recursos, chega com que deixem de comprar La Voz de Galicia e adiquem esses quartinhos a quem os represente de verdade.

1 Sebastiám

Totalmente de acordo contigo. É questão de vontade... e de não dar de comer ao inimigo.

2 teki

Justo o que eu penso. Tamém estou suscrito ao Novas e bem ledo que estou. A gente só se laia, en vez de actuar em consequência.

3 Chachi piruli

Novas da Galiza mola. Eu gosto de lelo todas as semanas. As reportaxes sobre os gustos musicais e pictóricos de Ujío e Jiana son LO MÁS.

4 Gharelo

Pois si que mola si. Porque o que paga manda e na nossa casa, por pequena que seja, mandamos nós. Há quem prefire pagar por ler sobre os gustos de Paco Vázquez ou Rouco Varela, interesantísimos certeza. E o que nom goste, pois a chorar a Cangas ou a soltar a pita, coma tododios. O demais som ganas de amolar.

5 si home si

Por fin un friki fachogalagueiro que reconoce que la "vangarda de O Povo" son cuatro marginales que caben en un taxi, jojojojo

6 Gharelo

Obrigado pelos cumprimentos, no se merecen. De todas maneiras melhor nom brinque co tema do número porque a história está cheia de exemplos de grupos pequenos que tem provocado grandes repercussons. Pense em Fidel e nos seus quatro barbudos em Sierra Maestra ou por utilizar algum referente mais próximo à vossa mercé, pense no grupo de rock radical basco Mocedades e o seu impacto na música espanhola de finais do século XX. Pd. Avante o Novas da Galiza. Menos subsídios e mais trabalhar!!!

9 Pardo de Cela

Cainitas todos. Poñedes a parir a Eyre, J. Rey, etc., pero de certo que ningún mercades ANT ou GH e, namentras, o outro Rey, D. Santiago, ríndose de vos, do país e do nacionalismo, coa complicidade culpabel de Feijoo, de Rosa Díez e de Gloria a de GB. Un servidor é susbcriptor de ANT dende hai 20 anos e acudiu a todalas ampliacións de capital, non como investimento, se non como apoio ao proxecto, pero nada, vos erre que erre co cainismo. ASI NOS VAI

1 Carnucho

Non mercamos ANT non porque sexamos cainitas, senón porque era un produto moi malo, pois os seus traballadores non tiñan liberdade para escribir para non molestar ao señor Rey, que agora os bota a través do señor Eiré

2 MacBert

A ver se pensabades que isto lle ía pasar só a Vieiros. Algo de responsabilidade debe ter o "aparato" político que viña organizando ANT desde hai décadas. Irremisibelmente: o nacionalismo galego camiña cara a outro paradigma, non sei se máis positivo ou máis negativo, pero que vai a haber mudanzas substanciais, seguro.

3 Pero Meogo

Non te preocupes Pardo de Cela. Esta web é un agocho dos fascistas de Galiza Non Se Vende que antes se agochaban en Vieiros pero como lles quitaron a subvención e algún socio se quedou coa pasta, tivo que pechar, que democráticas eran esas noticias sesgadas. No fondo estes de GNSV que están caladiños co PP son xente que paga a embaixada de Israel e o PP (os sionistas fanlle aos palestinos o mesmo que a eles lles fixeron os nazis). A historia repítese...PALESTINA VENCERÁ

8 coruñés

Tampouco ninguén le el Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa,Diario de Pontevedra, Atlántico Diario... e sobreviven gracias ás subvencións. É triste que peche ANT cando La Voz leva perto de 1000 millóns de pesetas¡¡¡ en 18 meses de goberno de Feijoo. Tamén é certo que ANT era o medio periódico, semanal, do nacionalismo. Calquera nacionalista mercaba ANT porque non había nada máis que tratase a información desde o punto de vista nacionalista. Agora hai un diario, Xornal de Galicia, galeguista que lle facía competencia. Voltouse menos necesaria ANT e por iso perdeu lectores.