A crise e a política de subvencións da Xunta liquidan aos medios nacionalistas

A delicada situación económica, a política de subvencións do goberno do PPdeG e a ineficacia na xestión dalgúns medios está a provocar a desaparición da práctica totalidade dos medios en galego. No caso de A Nosa Terra, o SXG e a CIG denuncian o peche da publicación malia ser viábel e sen negociar cos traballadores.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/09/2010 | Actualizada ás 23:00

Comparte esta noticia

O último en anunciar o peche é o histórico semanario A Nosa Terra que deixa de imprimirse por graves débedas da empresa, Promocións Culturais Galegas, dominada por Udra Medios, filial do Grupo San José.

O peche desta públicación, voceira das Irmandades da Fala, e cun século de historia, chega logo de meses de inestabilidade económica e dunha máis que discutida xestión por parte do actual equipo directivo. Pero o toque de gracia recibiuno A Nosa Terra da Xunta de Galicia, que conxelou todas as axudas e a publicidade tanto ao semanario coma ao a editorial A Nosa Terra.

Inversión do Grupo San José

O Grupo San José desembarcou en Promocións Culturais Galegas no 2007 cun montante superior ao millón e medio de euros, pouco antes de invertir case sete millón, tamén, en Xornal de Galicia. Foi entón cando a empresa iniciou unha ambiciosa expansión que resultou un fiasco e que se agravou logo de que o PPdeG chegara ao poder.

O anuncio de Alfonso Eiré a algúns medios de comunicación sobre o inicio dun proceso concursal desatou a indignación entre os traballadores da empresa, uns 25, dos case 40 que chegou a ter en 2008. O anuncio trae aparellado un ERE que podería deixar na rúa a case a un 75% da plantilla. De feito, tan só quedarían tres traballadores no semanario e outros tres na editorial.

Quinto peche

A Nosa Terra é o quinto medio nacionalista en pechar ou pasar serios problemas en menos dun ano. Precedeno os históricos Vieiros, que pechou, o comarcal a Peneira ,que botou aos seus tres redactores, e o dixital Gznación e a rede social Chuza, que tamén pecharon. Todos eles utilizaban o galego como lingua veícular.

Detras destes peches atópase a crise ecónomica pero, sobre todo, a falta de axudas das administracións públicas, principalmente, da Xunta de Galicia. Unha situación que pon ao descuberto que, sen a actual política de subvencións oficiais (Goberno galego, deputacións e concellos), desaparecerían a maior parte das cabeceiras galegas, algunhas das cales acumulan importantes déficits nas contas.

Comunicado do SXG sobre o peche de ANT

Sobre o caso concreto de A Nosa Terra, o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) e a CIG acaban de facer público candaseu comunicado, que reproducimos a continuación, primeiro o do SXG:

Jacinto Rey non pode pechar A Nosa Terra sen negociar un plan de viabilidade

Vigo, 3 de setembro 2010.- O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) reclama ao Grupo San José, propietario do semanario A Nosa Terra (ANT), o mantemento do máximo número posíbel de postos de traballo neste medio de comunicación. O SXG critica que a empresa anunciase na prensa a paralización temporal desta centenaria publicación sen presentar ningún plan de viabilidade, malia que os traballadores levan máis de ano e medio reclamándollo a través do seu delegado sindical, elixido pola CIG.

Ademais, o SXG denuncia que a empresa acumula continuos atrasos nos pagamentos dos salarios, que neste intre suman dúas mensualidades. O Sindicato esixe o pronto abono das nóminas, pois A Nosa Terra pertence a un gran grupo empresarial, a construtora San José, que dirixe Jacinto Rey, con capacidade suficiente para facer fronte ao soldo de 25 traballadores.

Segundo a información remitida pola propia compañía ao Rexistro Mercantil, A Nosa Terra facturou en 2009 máis de 1,6 millóns de euros, cantidade de abondo para asegurar a supervivencia do semanario e o pagamento das débedas a curto prazo, que para 2011 e 2012 suman menos de 160.000 euros exclusivamente con Caixanova.

Quen é o dono de A Nosa Terra?

Un nivel de débeda asumíbel pola Construtora San José, principal accionista de A Nosa Terra. O grupo construtor controla a editorial a través da sociedade Promoción Cultural Galega 2007, presidida por Alfonso Eiré, tamén presidente de ANT, pero cuxas accións corresponden en máis do 97% a Udra Medios, filial do Grupo San José e que tamén é accionista maioritario de Xornal de Galicia. É inexacto, malia o publicado nalgúns medios, que Alfonso Eiré sexa o propietario da empresa, unicamente é o presidente que actúa de pantalla ante o verdadeiro propietario, Jacinto Rey.

San José mantén ao fronte aos responsábeis da crise

Ao igual que xa denunciara a CIG nun comunicado antes do verán, o SXG considera que ANT arrastra dende varios anos unha "mala xestión" que de ningún modo poden pagar exclusivamente os traballadores e traballadoras. Uns traballadores aos que se lles ocultou durante máis dun mes a presentación do concurso de acredores do que tiveron que enterarse pola prensa, actuación da dirección de ANT, presidida por Alfoso Eiré, que só merece o cualificativo de inmoral.

San José non pode forzar o peche do que fóra voceiro das Irmandades da Fala mantendo a súa vez ao fronte da empresa aos actuais xerentes, que son evidentemente os responsábeis directos do malgasto e da caída de vendas dos últimos anos.

Responsabilidade da Xunta de Galicia

Ademais da responsabilidade directa e principal dos actuais xerentes, que a pesar de abocar a ANT a esta situación non foron relevados polo Grupo San José, o SXG considera que o actual goberno da Xunta de Galicia tamén ten a súa parte de responsabilidade debido á drástica redución nas axudas aos medios escritos en galego e ao libro escrito en galego.

O SXG quere facer chegar unha mensaxe de apoio tanto ao delegado sindical como á CIG nas medidas que estimen oportunas coordinar ante esta difícil solución.

Por último, o Sindicato chama a todas as administracións a que tomen medidas urxentes ante a continúo feche e despedimentos de medios de comunicación nos últimos meses, especialmente entre os editados en galego. Cómpre lembrar que o Estatuto de Autonomía obriga á Xunta e aos poderes públicos a promover o uso do idioma propio en novos eidos, como os medios de comunicación.

Comunicado da CIG:

A CIG responsabiliza á dirección de A Nosa Terra da grave situación económica que atravesa a empresa

O sindicato denuncia que os responsábeis do semanario non comunicaron a suspensión de pagos os traballadores/as e non descarta convocar mobilizacións de protesta

A federación de Químicas e Enerxía da Confederación Intersindical Galega responsabiliza ás distintas direccións do semanario A Nosa Terra da grave situación económica que atravesa a empresa e que obrigou os seus responsábeis a suspender pagos. Dende a central nacionalista critican tamén o feito de que os xestores da publicación non comunicaron ao representante dos traballadores e traballadoras a entrada no proceso concursal e reclaman que se lles facilite información.

Dende a o sindicato lamentan en primeiro lugar os problemas que atravesa a histórica cabeceira do nacionalismo galego e sinalan ás súas distintas direccións como responsábeis da situación. Aínda que son conscientes do drástico recorte nas axudas da Xunta aos medios que se editan en galego -principal argumento esgrimido por A Nosa Terra para xustificar a súa desaparición en papel- o secretario nacional da federación de Químicas e Enerxía da CIG, Alberto Gonçalves, indica que “nin a actual dirección nin as anteriores souberon xestionar a empresa, sobre todo en épocas de bonanza económica”. Neste senso, define o sucedido como a “crónica dunha morte anunciada”.

Dende a central amósanse especialmente críticos coa actitude da actual dirección, xa que ninguén lle comunicou ao delegado sindical a entrada no proceso concursal. “Existe unha falta de información total aos traballadores e traballadoras, que non saben de forma oficial o que está a acontecer na empresa”, lamenta Gonçalves. Ao mesmo tempo, lembra que levaban máis dun ano reclamándolle á dirección un plan de viabilidade “que nunca chegou” para tratar de reconducir a situación.

Finalmente, adiantan que ademais das pertinentes accións legais non descartan iniciar un calendario de mobilizacións para denunciar a situación que están a padecer os 28 empregados do semanario.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

7 Corunhês

Resulta que quando o nacionalismo perde posições na vida pública os culpados sempre são os outros, eles os pães da pátria nunca erram. Agora eu ao nacionalismo oficial fora das faixas (pancartas), manifestações, procesos internos nos quais ganham uns aos outros (com alguma que outra criba vergonhenta), muita muita e demasiada ideologia em todo o que se fai (não sabem ser normais e naturais é para eles é necesário dar que falar). A Nosa Terra fechou por que tinha que fechar ninguem a lia, era algo periodísticamente intratável, é claro vou-vos ser claro, eu a parte de ser nacionalista, ja non quero sentir todo o dia discursos de autocomplacência quero ser uma pessoa normal, é por iso que deixei de ser subscriptor de A Nosa Terra.

1 Rigodón

O mesmo lle pasa ao Diario Liberdade e a Vieiros, tinha que pechar porque ninguén o lee. Os indepe-fascistas sodes o colmo do cainismo, QUE TONTOS SODES, dígocho no teu idioma para que me entendas ZIPAIO

6 Picaflor

Unha mágoa, mais tamén hai responsables: o modelo de Alfonso Eiré, xornalista exemplar, cronista deportivo, contador de historias, novelista saido do seminario, directivo da empresa... debería caerlle a cara de vergoña, se a tivera (a vergoña, que cara ten dabondo). Pois iso, entristece a perda dunha cabeceira histórica, pero fai rir a xestión daquel que subido no seu ego censurou e expulsou a unha traballadora de ANT por estar na loita pola dignidade de Cangas (contra os intereses de Caixanova e do BNG, que o mesmo eran). Os persoeiros da cultura, menuda calidade!

5 Gamela

Lamentablemente a folla de ruta das ambicións político-económicas do Grupo San José (Jacinto Rey) vanse cumprindo con máis celeridade da que pensei nunca! Está claro que síntese o AMO DO MUNDO! Como ben sabedes esta 'operación de acoso e derribo' de calquera competencia nacionalista está ao servizo das vindeiras eleccións municipais e para maior gloria mediática do Xornal de Galicia! Se a cousa sae ben... xa meteremos en nómina aos Aymerich e Quintanas e mesmo ao Pachi Vázquez -se sobrevive- porque Jacinto Rey xa sabe dabondo como se mercan VONTADES POLÍTICAS sen ningún rubor! (para os incrédulos ver : http://www.aviaciondigitalglobal.co... ) Chercher l'argent!

1 Gamela

O propio 'matarife' explica con claridade o seu proceder: http://www.xornal.com/artigo/2010/0... Pero o que máis gracia me fai é ler como se AUTODENOMINA: "el primer diario electrónico de Galicia, que pronto se convertiría en uno de los referentes de la prensa independiente de esta comunidad". INDEPENDENTE ? XA XA !! Pero non está mal IR captando aos 'disidentes' dentro do propio Xornal de Galicia (así ninguén abrirá a boca!)

2 Pedro Sangiao

Gamela, o teu é de psiquiatra! Por favor, deixa de confabular! Que non sabes nin do que falas! A culpa de que os medios de comonicación en galego tena San José, home, non me toques...e non a terá tamén a Virgen María?

3 uno de xornal

Que ya sabeis que el Gamela este es un resentido. Probablemente, ex redactor de Vieiros

4 Gamela

Seica o psiquiatra vai ter moito traballo este mes: http://www.xornal.com/artigo/2010/0... Agora semella que a Xunta tamén vai Xogar a prol dos medios galegos 'que queiran desmarcarse da Operación Jacinto' (?) De psiquiatra ?

4 Justo

Ahora se ve claro el interés de los gallegos por los periódicos en gallego. No le echen la culpa a la Xunta, será que nadie los compra y por eso cierran. Además es que son malos a rabiar, unos panfletos para favorecer a los suyos, atacando a quien no piensa como ellos. El nacionalismo y el fascismo son parecidos. Cuando la gente es libre no tienen nada que hacer. En lugar de tirar el dinero en periodiquillos que no sirven para nada, gasten los cuartos en ayudar a los dependientes.

1 Gamela

Pensas que ERES LIBRE? Por que non intentas meter un comentario "semellante" na Voz de Galicia para facer a proba? Envíalle ao Correo Gallego algunha foto-denuncia pouco oportuna e verás cando a publican! NUNCA! Pero se non me crés aínda podes facer a proba do nove enviandolle a El País algo sobre o Control Social dos Medios de Comunicación... xa me contarás como che vai!

2 uff

porque os millóns que leva La Coz de subvención(pese a perder cartos sen eles) veñen de Marte,seica...

3 Brais

Asi pois no caso de que o PP perda as proximas eleccions, e gobernan os BNG, este vai seguir subvencionando aos medios do PP e aos seus amigolos como Santiago Rey? . Alguns seran capaces.... pais

1 Gamela

Non teñas medo Brais agora xa aprenderon a lección (nas pasadas eleccións) trátase de REPARTIR A TARTA e que ninguén volva ter oportunidade de falar nesta Terra! O grupo Prensa Ibérica para o capital en estado puro (liberais) http://www.epi.es/ A Voz de Galicia agora con V Televisión en TDT para o PP. Grupo El Progreso e supoño que quedará para o PSOE senon desaparece fagocitado polo Grupo Correo. E ao redor do Xornal de Galicia veremos nacer o gran medio de comuncación 'nacional-socialista' de Galicia! Ao Grupo San José tanto lle tén do lombo como do solombo... o que quere é facerse co control social dos medios de comunicación 'alternativos' para que non se volva escoitar a voz deste pobo NUNCA MÁIS!!!