En Marea denuncia a supresión de tres especialistas en Pedagoxía Terapéutica co peche do CIP Monte Caxado

Di que os peches anunciados pola Xunta forman parte dun plan "perfectamente deseñado" para "desmantelar o ensino público"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2017 | Actualizada ás 15:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

En Marea denuncia a supresión de tres especialistas en Pedagoxía Terapéutica co peche do CPI Monte Caxado, situado no municipio das Pontes (A Coruña).

Luca Chao nas Pontes
Luca Chao nas Pontes | Fonte: Europa Press

A deputada de En Marea e portavoz de Educación do grupo parlamentario, Luca Chao, reuniuse este mércores nas Pontes coa ANPA e a dirección do CPI Monte Caxado para coñecer as últimas novidades sobre o peche do centro escolar. A parlamentaria trasladoulles, ademais, o apoio da súa formación para esixir a rectificación por parte da Xunta.

Tamén se referiu a parlamentaria á modificación das unidades de postos de traballo docentes dos centros públicos por parte de Educación, que "afectarán especialmente a aqueles alumnos e alumnas que máis o necesitan". No caso do Monte Caxado suporá a supresión de tres do catro especialistas en Pedagoxía Terapéutica, criticou a deputada.

Neste sentido, Chao lembrou que o centro pontés era unha "referencia" para todo o alumnado con necesidades educativas especiais da zona. Así mesmo, a deputada de En Marea lamentou que a a adaptación que se realizou hai uns meses no centro con sinaléctica en sistema braille para un alumno con problemas de visión bótese por terra, xa que "no novo centro non contará con ese recurso", censurou.

En relación ao peche, a parlamentaria denunciou que "a mes e medio de que empezo o curso escolar, nin o profesorado, nin o alumando, nin as familias saben exactamente que vai supor a extinción" do centro. E é que segundo detallou Chao, Educación aínda non informou sobre os horarios e as instalacións nas que se recolocarán aos 263 alumnos afectados o peche do colexio.

UNITARIAS

Chao tamén mostrou a oposición de En Marea ao anuncio de peche de nove escolas unitarias para o próximo curso. "Non podemos aceptar estas decisións porque está en xogo algo tan importante como é a igualdade de dereitos entre todos os nenos e nenas de Galicia", afirmou.

Por parte de En Marea consideran que os peches anunciado pola Xunta forman parte dun plan "perfectamente deseñado" para "desmantelar o ensino público, especialmente no rural, mentres seguen ampliando os dereitos para o ensino concertado", recriminou a deputada.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta