Concelleira denuncia abusos sexuais por parte de ex-alcalde

Luís Angueira (BNG), ex-edil en Pontecesures, acusado pola súa sobriña, Hadriana Ordóñez, concelleira da mesma fronte en Rianxo.

Por Galicia Confidencial | Pontecesures | 26/07/2017 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

Hadriana Ordóñez, psicóloga sanitaria e sexóloga, denunciou nos xulgados de Padrón a Luís Álvarez Angueira. Segundo informa Antonio P. Fidalgo en El Correo Gallego, a muller asegura que o seu tío abusou sexualmente dela de xeito reiterado cando tiña entre 11 e 16 anos.

Hadriana Ordoñez Otero nunha imaxe das súas redes sociais
Hadriana Ordoñez Otero nunha imaxe das súas redes sociais

A acusadora confirmou nas redes sociais a existencia da denuncia:

O acusado, profesor de instituto de Filosofía en Noia, non respondeu polo de agora a esta acusación pública. Álvarez Angueira foi acalde da citada vila en varias lexislatura, a última rematada en 2015.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 Galegus

O caniche de Poltronas Pol Pot a facer su traballo esparciendo tinta de lura mentres a súa ama vaise de vacacións. Balbino, vas contar que o teu BNG fai oposición seria e responsable non aproveitando desgrazas, catástrofes e crimenes varios? O de agora é moi serio. Temos unha concelleira do BNG que denuncia a un ex-alcalde do BNG por asuntos gravísimos. A túa xefa vai interromper as súas vacacións ou espera a que Paco ilumínea?

7 balbino

Mima canta rata por aquí solta aproveintádose da desgracia allea, bueno os de sempre, si é certo o caldeiro con ese home, non contemplo no BNG que se encubra estas actuacións coma fixeron outras organizacións póliticas con agravio de que se fixo dende as instalacións do partido. LKI e demáis merdáns que andades por eiqui o máis triste e que non vos importa a dor da vítima e disfrutades có mal alleo. Se hai o máis mínimo indicio de que a acusación sea certa a sombra con este home o que lle queda de vida.

1 comunista independentista

O do BNG é moito máis grave, xa que co seu silencio cómplice non só encobre o violador, senón que tamén desampara á vítima, sendo esta ademais militante súa. Vergoñento é pouco.

6 Antipederastas

Se a victima non fose do BNG, xa estarían todos os seus lacayos botándolle a culpa á muller e acusando á prensa de crear unha montaxe contra o nacionalismo galego.

1 LKI

E o Sermóns Mexuto garda silencio, protexendo o estuprador.

5 Antipederastas

A esta hora poucos medios de comunicación informan sobre un feito de tanta gravidade. Os tentaculos do BNG son moi longos, a pesar do choriqueo continuo contra "·A Coz". Todos ben caladiños ata que o cacique Paco abra a boca e pronuncie a sentenza Todos ben calados ata que o cacique Paco abra a boca e pronuncie a sentenzaque sirva de consigna para as xentes bloqueiras

1 E antidifamadores

A vítima é do Bloque agora miserento.

4 Xusticeiros

Quen ven aquí a opinar non ten nin idea da cantidade de casos calados de abusos sexuais a nenas e a algún neno das portas pechadas das casas cara adentro por avós, tíos e demais parentes con que tiñan que convivir. E tamén por algún pai, co consentemento, pola normalización da reiteración interxeracional das condutas, ata das nais. Saen menos do 10% dos casos. O resto, as vítimas cálano. Por medo a seren xulgadas como se fai nestes comentarios. Algunhas nenas, coma a abusada creo que en Oleiros polo seu avó, teñen que recurrir a grabar os abusos ós que son sometidas para que a sociedade non as xulgue a elas. Iso pode planexalo cando ten 12 ou máis anos. As nenas máis pequenas e as que non tiveron a oportunidade tecnolóxica de visibilizarse teñen peor sorte.