Adxudicadas 27 concesións do novo plan de transporte e aberta a vía para facelo de forma directa en tres contratos

Un elevado número outórganse a UTE (18), mentres que 2 van para Arriva e os outros 11 está previsto que se resolvan o xoves

Santiago de Compostela | 26/07/2017 | Actualizada ás 19:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta concluíu a valoración das ofertas presentadas a 27 dos novos contratos de transporte público de Galicia, de forma que adxudicou as primeiras concesións, que se van en 18 casos para unións temporais de empresa (UTE) e en dúas, para a empresa Arriva.

A adxudicación doutros 11 contratos, segundo indica a Consellería de Infraestruturas nun comunicado, "producirase previsiblemente no día de mañá", por este xoves, cando os técnicos da administración conclúan a análise da documentación adicional requirida ás firmas.

Ademais, informa de que abriu "a vía dos contactos" coas empresas para a adxudicación directa dos contratos denominados XG501-Baixa Limia, XG503-Terra de Celanova e XG-505Ourense, ante a falta de ofertas válidas para concorrer a esas concesións.

En canto ás adxudicacións deste mércores, Arriva leva o contrato da liña con título Betanzos/Eume e tamén a de Lugo noroeste e Terra Chá con anexos. Mentres, outras compañías que se adxudicaron concesións en solitario son Empresa Gavilanes (Eixo de Laza), Autocares J. Pombo (A Coruña-Canzobre, con anexo), Vehículos Costa (Carballo-Tablilla con anexos), Empresa Portomarín (Lugo con anexos), Empresa Trigo (Meira-Lugo con anexos), Autocares Capela (Ferrol-Capela con anexos) e Autos Punteiro (Sobrado-Melide).

En canto á UTE, son as conformadas por Autocares Pérez e Empresa Montañesa (O Carballiño); Kautras, Autos González e Palacios Bus (O Ribeiro); Sociedade de Transportes, Socitransa e Agrupación de Transportes de Viaxeiros (Viana); Kautras, Autobuses Urbanos de Ponferrada e Agrupación de Transportes de Viaxeiros (Valdeorras); Kautras, Autocares Castro Caldelas (Trives-Caldelas) e Kautras, Sociedade de Transportes (Allariz).

Tamén concorreron como UTE e levaron contratos Autna, Bermúdez e Fillos, Transportes Álvarez Vázquez de Mondariz, Condado Tour e A Sepulvedana (Salvaterra de Miño-Vigo con anexos); Empresa Raúl, Autos González, Autocares Pérez e Jesús Fernández Castiñeiras (A Cañiza-Vigo con anexos); Transportes A Unión, Autos Arcade, Castromil, Empresa Monforte e A Hispano Igualadina (Soutomarior con Pontevedray Vigo con anexos) e Autos Morán, Autocares Rodríguez Domínguez (A Mariña).

A UTE V.Ve A Estrada 2017-2020 adxudicouse a concesión para Forcarei-A Estrada con anexo; mentres que Autocares Silva, Autocares Irmáns Toxedo, Autocares Her-Vei, Autocares Luarca Bus e José García Sarceda prestarán o servizo, tamén como UTE, da liña Lugo-Fonsagrada con anexos.

Aínda como UTE, correspóndelle a Rías Altas, Castromil, Empresa Monforte e A Hispano Igualadina a liña Ferrol-Mandiá-A Graña con anexos. Autocares Meijide e Empresa Montañesa fixéronse co bus que une Dozón-Lalín con anexos e Luisa Rodríguez Núñez, Palacios Bus, Agrupación de Transportes de Viaxeiros e Atvisa leváronse a do Barco de Valdeorras-Ourense con anexos.

Xa por último, a UTE conformadas por Palacios Bus, Autocares Pérez e Autocares Castro Caldelas adxudicáronse Castro Caldelas-Monforte de Lemos con anexos; Empresa Portomarín, Transportes David Álvarez, Salvador Piñeiro Castro e Autos Rebollal, a de Sarria; e Luís Díaz Almuíña con Palacios Bus, a de Chantada.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta