A Xunta insite que con Ferroatlántica "aplicou a lei"

O conselleiro de Industria aposta por "salvagardar o interese público da concesión" e aclara que a decisión foi para "aplicar a lei".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2017 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía e Industria de Galicia, Francisco Conde,  defendeu a decisión adoptada o mércores sobre Ferroatlántica. "Foi aplicar a lei" e "dar unha resposta a unha solicitude exposta pola empresa que non se axusta a dereito", puntualizou.

Fábrica de Ferroatlántica en Cee
Fábrica de Ferroatlántica en Cee

Así, Conde recalcou que a Xunta aposta por "salvagardar o interese público da concesión". Ademais, advertiu de que a Administración autonómica "non aceptará" ningunha proposta que non contrubuya a "manter a actividade industrial" na zona.

"A empresa debe cumprir esas condicións que se vinculan coa concesión", sostivo Conde, para engadir que a partir do cumprimento da lei, "a Xunta sempre" estará "aberta" a "calquera iniciativa" dunha empresa en Galicia.

DIÁLOGO

Ademais, subliñou este xoves que a Xunta velará polo cumprimento da concesión e apelou ao diálogo entre Ferroatlántica e os traballadores da compañía.A preguntas dos medios sobre posibles repercusións tras a decisión da Xunta de denegar a Ferroatlántica a segregación de actividades para poder vender as centrais hidroeléctricas, Conde explicou que a situación "no ámbito das relacións laborais", ao seu xuízo, "necesita o diálogo". "É o principio reitor entre empresa e traballadores", abundou.

Neste sentido, afirmou que a Xunta avogará por que se opte "pola vía do diálogo" e asegurou que o Goberno galego controlará que se cumpran as condicións do "título concesional".

Por iso, insistiu en que o Goberno galego está "á beira da lei" para o mantemento da actividade industrial na Costa da Morte. Neste sentido, subliñou que a Xunta "será contundente" coas condicións da concesión.

INTERESE PÚBLICO

O titular de Economía defendeu a decisión adoptada o mércores sobre Ferroatlántica. "Foi aplicar a lei" e "dar unha resposta a unha solicitude exposta pola empresa que non se axusta a dereito", puntualizou.

Así, Conde recalcou que a Xunta aposta por "salvagardar o interese público da concesión". Ademais, advertiu de que a Administración autonómica "non aceptará" ningunha proposta que non contrubuya a "manter a actividade industrial" na zona.

"A empresa debe cumprir esas condicións que se vinculan coa concesión", sostivo Conde, para engadir que a partir do cumprimento da lei, "a Xunta sempre" estará "aberta" a "calquera iniciativa" dunha empresa en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 VaitesVaites

Debe ser a primeira vez que o Feixó fai algo ben...