A Xunta dalle 800.000 € ao arzobispado de Santiago

Son para a Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio, un ente controlado pola Igrexa Católica, creado en 2009 pola Arcebispado de Santiago co fin de coordinar os esforzos económicos e a captación de subvencións do Xacobeo 2010.

Por Walter Burns | Santiago | 05/09/2010 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

None

O certo é que esta estratexia funciónalle, pois este xoves o Consello da Xunta aprobaba un convenio de 800.000 euros para que esta fundación adapte como albergue de peregrinos un andar da Igrexa San Antonio de Padua, no popular barrio compostelán de Fontiñas.

A Xunta pagará a reforma a través dun convenio de colaboración. É dicir, non hai concurso público para a adxudicación da reforma do albergue, senón que o Goberno escolle a Fundación para realizar a obra.

Chama a atención que se entreguen tal cantidade de cartos a dedo á Igrexa cando a oposición leva todo o ano denunciado a falta de investimento na adecuación e delimitación de moitos tramos do Camiño de Santiago. De feito, a maioría dos concursos para tal fin aínda seguen sen resolver. A reforma da Igrexa de Fontiñas realizarase, ademais, cando o Ano Santo estea finalizado, polo que a demanda de aloxamento para peregrinos en Compostela descenderá notablemente.

A Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio está baseada no Mosteiro de San Martín Pinario. Saltou aos titulares dos xornais a comezos deste verán, cando presentou Xubi, a mascota “oficial” do Xacobeo, que acaba de abrir unha tenda propia na zona vella de Compostela, na Rúa Tras Salomé.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 +GALEGO

RELIXIÓN CATÓLICA FÓRA DA GALIZA!

3 simbad el marino

Os membros da mezquita de Arteixo celebramos o ano que ven 2011 o ano santo en honra do xa falecido Morabito Ahmed Hassan, home santo onde os haxa e veciño de Arteixo. Imos pedirlle unha subvención á Xunta, a ver se facemos o Camiño de Ahmed ata a nosa Mezquita, lugar de peregrinación para todos os islamistas galegos. A ver se a Xunta ten a mesma sensibilidade relixiosa con nós. Canto credes que nos darán?.

2 Austeritas

austeridá, Feijoo, austeridá, que luego se os va todo en regalarles cosas a los del crucifijo y a los amiguetes del OPUS con empresas ad-hoc. Por cierto, en LA VOZ no sale nada al respecto.

1 Enfin

No hay comentarios porque ya no sorprende, este Feijoo añora tiempos pasados, donde iglesia y estado iban de la mano.