O PPdeG impulsa unha lei con incentivos fiscais e medidas liberalizadoras para o desenvolvemento de empresas en Galicia

Conde destaca que recortará o tempo de tramitación "á metade" e anima aos concellos "a reducir a fiscalidade" dos seus polígonos

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2017 | Actualizada ás 16:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Grupo Popular no Parlamento de Galicia, xunto co Goberno autonómico, presentará unha proposición de lei, que espera que estea aprobada a mediados de outubro, que incluirá incentivos fiscais e medidas liberalizadoras para posibilitar a localización e desenvolvemento de empresas na Comunidade galega.

Pedro Puy E Francisco Conde No Parlamento De Galicia.
Pedro Puy E Francisco Conde No Parlamento De Galicia. | Fonte: Europa Press

Así o anunciou, en rolda de prensa, o portavoz parlamentario popular, Pedro Puy, tras a reunión do seu grupo á que asistiu o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, que resaltou que a proposición de lei pretende desenvolver iniciativas que "permitan favorecer a creación de emprego de calidade e proxectos empresariais en Galicia".

Neste sentido, Conde fixo fincapé na aposta de que a Administración autonómica sexa "cada vez máis moderna e pioneira". Por iso, recalcou que o "principal principio de actuación da lei" pasa por favorecer "a posta en marcha de novas iniciativas" co fin de que sexa "unha Administración facilitadora".

Por iso, o conselleiro explicou o catro "principais bloques" nos que se fundamenta a lei: o acceso ao chan empresarial; recortar os tempos da tramitación á metade do prazo; incentivos e medidas liberalizadoras centradas nos sectores eólico, forestal e do cooperativismo.

Deste xeito, en primeiro lugar, a proposición de lei aposta por facilitar o acceso a chan empresarial coa oferta de parcelas en polígonos de titularidade da comunidade en "condicións máis vantaxosas", destacou Conde. Así, pretenden que "ningún proxecto quede fóra", coa "autorización de urbanizacións parciais".

A segunda idea neste ámbito céntrase en crear un censo de chan industrial e, en terceiro lugar, en ofrecer o pago aprazado e sen xuros na compra de chan empresarial, ata un máximo de catro anos (sen xuros).

RECORTAR TEMPOS

Ademais, o conselleiro de Economía incidiu nun segundo bloque de medidas que leva recortar os tempos de tramitación á metade cun "procedemento único integrado", que agrupa as avaliacións ambientais e a información sectorial pertinente.

No terceiro bloque Conde debullou o aspecto dos incentivos, xa que lle lei aposta por "reducir a fiscalidade empresarial" con dúas medidas: reducir a carga impositiva e animar aos concellos a reducir a fiscalidade das empresas nos seus polígonos empresariais.

En concreto, Conde comentou que isto leva medidas específicas, non vinculadas á redución da fiscalidade por parte dos concellos. Trátase, segundo aclarou, de "medidas específicas con ordes de axudas destinadas" aos consistorios que permitan "mellorar a competitividade das infraestruturas e a oferta industrial".

SECTORES

Como terceiro bloque o conselleiro sinalou un paquete de "medidas liberalizadoras" aprobado en Galicia, que busca flexibilización para as empresas de sectores como o eólico, forestal e do cooperativismo.

No caso do éolico, apostou Conde por "ofrecer maiores garantías e maior certidumbre" para a súa consolidación en Galicia. A iso, engadiu a axilización da tramitación administrativa para dar resposta "nos prazos".

En canto ao sector forestal, remarcou a importancia da industria da madeira, polo que avoga por "dar resposta a 70.000 familias que viven" diso con dúas iniciativas: facilitar a tramitación administrativa e impositiva" da actividade co "portelo único" coordinada pola Consellería do Medio Rural e substituír o proceso de autorización administrativo polo de comunicación previa para contar con "máis axilidade nas tramitacións administrativas".

COOPERATIVISMO

Finalmente, sobre o sector do cooperativismo, Francisco Conde defendeu novas iniciativas e incidiu en que se pasará de tres a dous o número mínimo de socios para constituír unha cooperativa en Galicia.

Deste xeito, a Administración galega pretende facilitar a creación de cooperativas "reducindo o número de socios", matizou Conde, quen concluíu que se trata de "todo un paquete de medidas".

Con todo, Conde defende "dar resposta desde a Administración para que as empresas vexan que é modera e dá resposta para que ningún proxecto quede no caixón por problemas na xestión". Deste xeito, buscan que a Comunidade galega "poida competir con outros países" e sexa "máis competitiva".

Respecto diso, Pedro Puy engadiu que con esta proposición de lei preténdese que os concellos "tamén se impliquen" e sómense ao "esforzo que fai a Xunta", co obxectivo de que "haxa máis emprego".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta