O BNG pide investigar a denuncia de abusos sexuais dunha edila contra o ex-alcalde

Luís Álvarez Angueira, ex-alcalde de Pontecesures durante máis dunha década polo BNG, nega rotundamente as acusacións vertidas pola concelleira, que milita tamén na fronte nacionalista.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/07/2017 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

O caso da concelleira do Bloque que denunciou por abusos sexuais ao seu tío, ex-alcalde do Bloque, avanza a súa tramitación xudicial. A xuíza de Padrón, onde se presentou a denuncia, acaba de chamar a declarar a Hadriana Ordóñez, edila en Rianxo,  o vindeiro 8 de setembro. 

Hadriana Otero
Hadriana Otero

O acusado, o ex-alcalde de Pontecesures, Luís Álvarez Angueira, nega rotundamente as acusacións. “É absolutamente falso, non é certo”, dixo o ex-mandatario en resposta a Diaro de Arousa. O ex-alcalde recibiu a notificación da acusación e tomou medidas. “Xa contactei co meu avogado para que se formulen as accións xudiciais oportunas a quen corresponda”, declarou. 

Ao seren os dous militantes nacionalistas, o Bloque decidiu pronunciarse sobre o asunto cando foi interpelado pola prensa. En declaracións a GC, voceiros oficiais pide que "que se investiguen o caso até as últimas consecuencias, todo o que haxa que investigar". O BNG lembra que nestes asuntos o Bloque  "está e sempre estará ao lado das vítimas". Fontes do partido tamén indicaron que o acusado pedira a baixa hai uns días da fronte.

Ordoñez denunciou abusos sexuais continuados cando era menor de idade, entre os 11 e os 16 anos de idade. Dáse a circunstancia que o seu tío político e profesor nun instituto de Noia.

A primeira denuncia non foi admitida a trámite, pois a xuíz entendera que o delito prescribira. A supostamente abusada recorreu o auto inicial e agora a xuíza dálle para adiante ao preito, pedindo escoitar primeiro a acusada debido a que “non é posible resumir os feitos ocorridos durante cinco anos en apenas cinco folios que compoñen a denuncia”. Os supostos feitos terían sucedido hai 21 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Balbino

As cousas claras " que se investigue ata onde faga falta " existen maneiras diferentes de facer as cousas e non todos son iguais como decides algúns, saltan a vista as diferenzas pero bueno seguide coa vosa tontería de UPG, sipaios, muletas , gintonic, banca española... E demáis tonterías que repetides sin leer as noticias. Espero que neste caso en concreto se protexa a parte máis débil e que se coñeza a verdade. E evidente que non é unha situación comoda para o Bloque, venha carroñeiros aproveitade...

1 comunista independentista

Pensa o ladrón...

2 Antipederastas

Ala caniche Balbino, a gañarche a albóndega de hoxe, que a xefa non vai deixar o resort de luxo para dar a cara

3 Balbino

Iso é o máximo que vos da a cachola, venha cans sarnosos que podedes facelo mellor...

4 LKI

Carroñeiros, cans sarnosos... Hai que ver que ben "argumenta" o Balbino. Con xente coma él ou coma Gonzalo "El Vieiras" así lle vai o BeNeGá. E a Pontona, que? Vai dicir algo ou ten que pedir permiso aos coroneis machirulos de la U?

5 LKK

Ha ha ha que graciosos a vítima É DO BNG, e veñen os mareantes, que non fixeron NADA para botar a Procesiones cando se soubo que purgara aos denunciantes do seu caso de pornografía pedófila, botándolle a culpa... ao BNG!!!! A Culpa és de la upegá!!!

6 violadores

Ornea o liberado LKK "a vítima É DO BNG". E o agresor sexual de que é? De Ciudadanos? NOXO.

1 COUSAS RARA TODO...

Miren si existe algún asunto económico polo medio... moito son temas de cartos... eu non fiaría tanto das mulleres... paréceme todo un pouco raro e como se vai saber semellante cousa... que probas pode haber salvo a denuncia verbal dun sobre outro!!! -VIEIRISTAS, EXPAÑOLENTOS-PEPEIROS, SOCIATAS, COMUNISTAS DEPENDENTISTAS E DEMAIS CUCAÑA MISERABEL A LADRAR...

1 LKI

"moito son temas de cartos, eu non fiaría tanto das mulleres" é todo o que ten que dicir Gonzalo "El Vieiras", militonto fanático do BeNeGá.