Rutas 'protexidas' para ciclistas

Galicia contará con preto de 700 quilómetros en 12 Rutas Ciclistas Protexidas, tres por cada provincia, sinalizadas e vixiados pola DXT para tentar “protexer os miles de usuarios da bicicleta”.

Por gcdeportes | Compostela | 28/07/2017 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Galicia contará con 12 rutas, tres por cada unha das provincias, sinalizadas e vixiadas dentro do mapa de Rutas Ciclistas Protexidas, unha das medidas incluídas dentro do Plan de Actuación da DXT para a protección do colectivo ciclista. É o resultado do traballo conxunto levado a cabo durante os últimos meses pola Federación Galega de Ciclismo, a Secretaría Xeral de Infraestruturas da Xunta, a DXT e a Garda Civil. Para esta actuación e outras que se están a desenvolver, os organismos oficiais contaron coa axuda dos clubs e asociacións ciclistas de toda a comunidade galega.

Accidente con dúas vítimas mortais na estrada PO-552 entre Baiona e A Guarda.
Accidente con dúas vítimas mortais na estrada PO-552 entre Baiona e A Guarda. | Fonte: La Sexta

As Rutas Ciclistas Protexidas galegas suman un total de 689,4 quilómetros:

Pontevedra: no Val Miñor, a fatídica PO-552 (Vigo, Baiona, A Guarda) e a PO-340 (A Ramallosa-Gondomar); Vilasobroso - O Porriño na N-120; e a chamada Ruta do Sol pola comarca de Arousa e arredores.

A Coruña: N-547 dende Guntín (Lugo)- O Pedrouzo (Arca); a comarca coruñesa (Oleiros, Abegondo, Culleredo, Cambre, Cecebre, Santa Cruz…) e a Ruta do Barbanza dende Compostela.

Ourense: Ourense-Ribadavia-Ourense (N-120 e estradas provinciais); Maceda - Almoite - Milagros – Maceda; e Ourense-Ribadavia-O Carballiño–Ourense (N-120, N-541 e OU-504).

Lugo: N-547 entre os quilómetros 31 e 42,6 (A Brea - O Couto); Pedrafita do Cebreiro - Alto do Hospital (LU-633); e Vilalba - O Reboredo na LU-861.

Gregorio Serrano, director xeral de Tráfico; José Luis López Cerrón, presidente da Real Federación Española de Ciclismo; e Alfonso Treviño, presidente da Asociación de Ciclistas Profesionais, participaron este xoves no acto de presentación en Madrid, no que se desvelou o mapa das rutas para todo o Estado. Serrano apuntou que “o obxectivo desta medida é protexer os miles de usuarios da bicicleta que saen principalmente as fins de semana a practicar ciclismo, de xeito que dispoñan de rutas especialmente vixiadas”.

As medidas concretas levaranse a cabo durante os días e as horas de presenza máis destacada e habitual de ciclistas, que adoita ser as mañás dos sábados e festivos. Entre estas medidas que se van a adoptar destacan:

- Sinalización da ruta ciclista e diminución temporal do límite máximo de velocidade.
- Intensificarase a vixilancia presencial de Tráfico nestas rutas. En especial, velarase polo cumprimento das normas de seguridade relativas á distancia lateral no adiantamento a ciclistas, velocidade inadecuada ou manobras antirreglamentarias
- Tres mil patrullas máis en xullo e agosto.
- Controis preventivos de alcol e outras drogas nestas rutas seleccionadas, así como nas súas vías de acceso.
- As patrullas de helicópteros da DXT incluirán ditas rutas ciclistas protexidas nos seus labores de vixilancia
- Colaboración activa das policías locais para mellorar a seguridade nas rutas.
- Pedir a colaboración dos titulares das vías con rutas ciclistas protexidas para que, na medida do posible, dean prioridade ás tarefas de conservación que sexan necesarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Repartidor

Supoño que tamén se sancionará a aqueles ciclistas que circulen de 3 e de 4 ocupando máis vía da que lle corresponde, entorpecendo o tráfico e ralentizándoo. Sancionarase a aqueles que cando lle pretendes pasar se botan máis cara a ti e logo che protestan, ou a aqueles que circulan facendo eses, ou que se botan fóra do carril bici.... No claro, hai que portexer os domingueros da bici...

1 Gamela

poderías poñerte no outro lugar 5' ? http://gamela00.blogspot.com.es/201... especialmente mira os comentarios ao final... Obrigado!

2 Alexa

Hai que protexer ao que pode morrer. Imbéciles hainos en todos os veículos, pero nuns mórrese máis fácil. Entendes?

1 Gamela

e de paso multarán a tódolos ciclistas que non leven casco ? e en breve as aseguradoras esixirán ter un seguro para circular en bici ? e cando nos demos conta estaremos outra vez atrapados na privatización do dereito a usar a bicicleta !!! https://elpais.com/Comentario/15012...