O salario bruto subiu un 0,3% en Galicia en 2016, ata 19.860 euros, fronte ao descenso da media, un 12,8% superior

Con todo o custo laboral neto descendeu un 0,9% na comunidade galega, ata 26.718 euros

Santiago de Compostela | 28/07/2017 | Actualizada ás 12:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O salario bruto anual situouse en 19.859,6 euros en 2016 en Galicia, cifra un 0,32% superior á de 2015, segundo a enquisa de custo laboral que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Moedas, euros, billetes, diñeiro
Moedas, euros, billetes, diñeiro | Fonte: Europa Press

Este incremento contrata coa evolución do dato estatal, que baixou un 0,3%. Con todo, os 22.771 euros de salario bruto anual da media son un 12,8% superior á cifra galega.

Por sectores de actividade, o salario bruto anual da industria na comunidade galega alcanzou a maior contía, de 23.858,23 euros. Na construción foi de 19.402,77 euros e en servizos, de 18.928,88.

Mentres, se o que se ten en conta é o tamaño do establecemento, o salario bruto anual daqueles con de 1 a 49 traballadores situouse en 16.708,46 euros e a cifra repunta co incremento: de 50 a 199, 21.041,68 euros e de 200 ou máis, 25.661,46.

As dietas e gastos de viaxes sumaron 330,81 euros en Galicia o pasado ano de media. Desta forma, o custo total neto por traballador e ano alcanzou 26.718,4 euros en 2016, supúxoo un descenso do 0,9% respecto ao mesmo dato do exercicio anterior.

CONXUNTO ESTATAL

No conxunto estatal, o salario bruto anual situouse en 22.771 euros en 2016, cifra un 0,3% inferior á de 2015. O custo neto que tiveron que pagar as empresas por cada traballador ascendeu a 30.311,19 euros en 2016, un 1,1% menos que no ano precedente.

Se se teñen en conta as subvencións e deducións públicas, que ascenderon a 217 euros, o custo bruto por traballador alcanzou os 30.528,2 euros o ano pasado, cun retroceso anual do 1,1% respecto ao exercicio 2015.

O 74,6% do custo bruto constituírono soldos e salarios, mentres que as cotizacións á Seguridade Social, que ascenderon a 7.056,87 euros por traballador, representaron o 23,1% do total. Deste xeito, salarios e cotizacións supuxeron o 97,7% do custo bruto.

Ademais destas partidas, 267,6 euros anuais destináronse a beneficios sociais por traballador (cotizacións voluntarias a seguros e plans de pensións, prestacións complementarias á Seguridade Social, etc.); 123,1 euros a outros gastos derivados do traballo (indemnizacións por fin de contrato, roupa de traballo, transporte, etc.); 218,6 euros a indemnizacións por despedimento, e 90,89 euros a formación profesional.

En 2016, o 94,6% das empresas regulaban as súas condicións laborais mediante convenio colectivo, con efectos sobre o 88,2% dos traballadores, cifras similares ás de 2015.

O 1,8% dos centros de traballo con convenio, representativos do 4,1% dos traballadores, viron modificadas as súas condicións de traballo durante o ano pasado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta