GC Aberto
Temas: RAJOY

Un mitómano na Moncloa

Na súa comparecencia ante a Audiencia Nacional, Rajoy demostrou unha vez máis estar cómodo coa mentira, renunciado con tal actitude a modificar a súa conduta, e declinando con iso, a erradicar a corrupción endémica do seu partido.

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 30/07/2017

Comparte esta noticia

 

Rajoy declara por Gürtel en la Audiencia Nacional
Rajoy declara por Gürtel en la Audiencia Nacional

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tal extravío non tería maior  relevancia   se tan mitómano proceder fose da  colleita   dun  fulano calquera,  cousa distinta resulta cando o engano é autoría do propio Presidente do Goberno, porque terxiversar a verdade  ostentando  a condición  de máximo mandatario do Executivo, supera o límite do tolerábel, pois  ademais de constituír unha burla á cidadanía, é unha forma inadmisible de institucionalizar  a indecencia como norma de conduta no desempeño da actividade  política.

Tendo en conta que no seu asiduo proceder  falsifica a cotío a realidade  cando nega a existencia  de financiamento irregular do partido que preside, do mesmo xeito que tamén falsea o evidente cando di   descoñecer que moitos dos destacados membros desa organización criminal  que dirixe,  non só  meteron aos  seus petos  o indebido, senón que asiduamente  exerceron de activistas da estafa , o desfalco, o suborno , a  evasión e o branqueo de capitais.

A conto de que, citado a declarar como testemuña no xuízo do caso Gürtel,  ía modificar  o seu impostor proceder ante un tribunal de xustiza.

Como non podía ser doutra maneira, en idéntica  liña discorreu a traxectoria da súa intervención  na  testifical do pasado mércores, pois máis que    proporcionar información fidedigna sobre os delituosos feitos que deron eclosión ao caso Gürtell, e con iso  facilitar  ao tribunal todos  os  elementos de proba posibles. Por iso,  a pesar da implicación do seu partido na trama  e de ser  el o máximo mandatario do mesmo, non reparou en aducir como pretexto ás  súas repetidas  negativas  de resposta, o falso argumento de descoñecemento  da  xestión económica , é dicir,  non saber  nada de nada das contas  da  súa organización, argumentando no seu descargo,  que o seu posto  era  de carácter estritamente político.

Con todo, sorprendentemente    si parecía ter coñecemento exhaustivo   da descoñecida materia, para afirmar  a inexistencia  de financiamento ilegal  do partido que lidera, como para manifestar  con rotundidade ser absolutamente falso que os dirixentes  do partido cobrasen os sobresoldos en B feitos públicos nos papeis de Bárcenas, e  cuxa veracidade   quedou acreditada con anterioridade pola propia  xudicatura.

Caiba  relacionar como referentes de contraste apuntes  das súas declaracións preelectorais  e o confrontado resultado conseguido como consecuencia  da  súa posterior acción política,   resultando, que cando  afirmaba que  o rescate á banca, non nos custaría diñeiro, que non tocaría as pensións, que non habería copago, que non abarataría o despedimento, que non crearía un banco malo, que non subiría o IVE;  aspectos programáticos todos eles, cuxo evidente incumprimento desvela que Rajoy non só é un mitómano empedernido, senón que ri dos españois a mandíbula partida.

 

 

Temas: RAJOY
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta