Serán quen Populares, Ciudadanos, BNG e EU de gobernar Lugo?

Só Lugo Novo decidiu absterse na reprobación á alcaldesa. Lara Méndez retou a PP, BNG, Ciudadanos e ACE a que presenten unha moción de censura conxunta contra o seu goberno.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 29/07/2017 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Extraña unión a que se deu en Lugo. Forzas tan opostas como Ciudadanos e Populares votaron conxuntamente con BNG e EU para reprobar á alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez. Unha situación que a levou a pedirlles que que presenten unha moción de censura contra o seu goberno.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

"Reprobar nunha corporación municipal, cando hai a potestade de quitar á persoa que preside o goberno non ten moito sentido e a única reprobación que coñezo é a moción de censura. Teñen capacidade de facelo", declarou Méndez este venres, un día despois de ser reprobada pola Cámara municipal.

E o certo é que a suma de PP (nove concelleiros), de BNG (dous), Cidadáns (dous) e ACE (un), bastaría para botar do executivo aos socialistas, que gobernan en minoría con oito. Os tres concelleiros de Lugonovo abstivéronse na votación para a reprobación da alcaldesa. "Aquí quen ten capacidade de quitar a unha persoa da Alcaldía é a propia corporación, e se o cren oportuno que o fagan", desafiou.

ARGUMENTOS DA OPOSICIÓN

Os grupos da oposición argumentaron a súa postura ante a "parálise municipal e a falta de participación". Fronte a isto, Méndez afirmou isto é "incerto" e, mesmo, asegurou que a "primeira forma de participación que se lles deu foi formar parte do goberno", en referencia a Lugonovo e BNG.

Lara Méndez recoñeceu que "algúns acordos plenarios están inconclusos", pero, con todo, defendeu que "dos 213 expedientes que se aprobaron, 155 están concluídos, o que supón un 73 por cento dos acordos plenarios. "Eu creo que a ese respecto habería que medir as palabras e en que termos se di", matizou.

Finalmente asegurou que "o que vai seguir facendo este goberno é seguir gobernando". "Iso témolo claro, con todas as canles de participación. Se queren participar benvidos e, se non, este goberno vai asumir a súa responsabilidade, ou ben en colaboración ou en solitario, e vai seguir traballando polo ben da cidade", rematou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

6 comunista independentista

Os do Bloque agardarán a ver que fan os da Marea/Lugonovo para facer todo o contrario. É o que fan en todos os concellos.

1 Obrasonamores

Mais ben o contrario é o que fan os da Marea. O bloque, donde tivo goberno, fixoo ben, ao revés dos da Marea ata o de agora. Xa vai sendo tempo de que na Coruña se note ALGO (son dos ilusos que pensaron que a Marea ía ser un bo cambio)...porque falar falades moito, pero os do ofimático, por ex., non cren xa nas Mareas. E eu, vendo a xente coma ti aproveitar miserentamente calquera ocasión para criticar sen motivo ao bloque, decátome de que eres do grupo de nostrus e outros: fanático e torpe anti_nacionalista.

2 Chouvi

Quien vive en la pinha debajo del mar? Cho-vi-ti-to Quen é un refugallo da FPG? Cho-vi-ti-to

3 Chouvi

Quien vive en la pinha debajo del mar? Cho-vi-ti-to Quen é un refugallo da FPG? Cho-vi-ti-to

5 Incríbel

É incríbel que Ciudadanos teña un concelleiro en Lugo -e en Galiza en xeral-. Demostra que os galegos votan por votar, seguindo a inercia española, porque ese partido carece de calquera iniciativa ou proxecto para o noso país, alén de españolizar todo o que teñan a man...

1 nostrus

O que dis é unha tonteria porque C´s non pretende españolizar nada en Galicia, porque xa esta españolizada sexa do modo que sexa. Quen non ten proxecto para Galicia son os nacionalismos que só se basean en sentimentos, alucinacions e supersiticions, pero do benestar dos cidadans nada. O que é incrible e que haxa en Galicia renegados e malnacidos que só valen para restar. C´s supon un aroma de frescor na politica tan corroida.

2 Balbino

Cando queiras vai por Pontevedra, Tomiño, Allariz, Carballo...e aprende o que é buscar o benestar dos cidadáns dos seus concellos, respeto medioambiental, promoción do pequeno comercio, seguridade viaria, cultura, deportes, antepoñer as persoas os coches... Cos erros cómo é normal en quen non cae no inmovilismo é quen ten un proxecto, sen dúbida os mellores gobernos nás institucións onde están son os proxectos do nacionalismo galego, as comparacións son odiosas nostrus, os gobernos de Pp-ciudagramos non están pensados no benestar se non na imposición da cultura e da unidade española por riba de todo, dades noxo, quitade a careta impostores.

3 nostrus

Trabúicaste Balbino porque a cultura é a obsesion do nacionalismo, que a convirte en relixión. Para C´s a cultura é un elemento mais, pero non o prioritario. Ademais a cultura nace do pobo e é a suma de todos os feitos que a conforman, lingua/s, gastronomia, romerias, vestimenta, costumes, ctr, polo que si se quere respetar a cultura hai que respetar a diversidade e a realidade cultural e o nacionalismo pretende que se practique a cultura diseñada por eles fanatizandose nunhos elelmentos e renegando doutros, para que logo o pobo a practique. A cultura practicase só de xeito voluntario, agás nun estado totalitario como o que pretende construir o nacionalismo.

4 Parafeixistasvos

Estado totalitario é o que pretenden os vosos: Non discutir sobre se convén ou non independizarse, non permitir votar, multas por protestar as estafas dunha caixa, control total da prensa para que non saian á luz cousas como que o atentado (suposto) contra Rajoy foi por parte dun familliar, non poder facer nada coa AP-9, non licitacións para eólicas, corrupción a esgalla, contratos no seitor público sen publicidade nin avisos, xente dos vosos partidos que di que as leis están para violalas (coma as mulleres...Deus), pero que logo queren aplicar a lei a quen NON VOS QUERE (con moito dereito a non querervos, por certo). Ningunha desas formas antidemocráticas as teñen os nacionalismos...eso só o tedes vós, feixistas de medio pelo.

5 nostrus

Parafeixistasvos, si tienes algo contra el PP dirigete a él, pero no a mi. Si queremos discutir sobre la independencia tendremos que hacerlo todos los que tenemos derecho a opinar, pero el nacionalismo quiere discutirlo solo entre ellos, eso si es facsismo. ¿Te pareceria bien que la ley antitabaco se decidiera solo entre los fumadores?, que la independencia de Ribadavia la decidieran solo los de Ribadavia, que la obligacion de ir a misa la debatieran solo los curas, que la obligacion de parar en los stop en lugo se debatiera solo en Lugo ctr, ctr. Si te refieres a los idepes catalanes, que sepas que tampoco te quieren a ti, porque los separatas practicais odio y desprecio reciproco.

6 Parafeixistasvos

Yo simplemente te aclaro, Nostrus, a quién hay que dirigirse para hablar de estado totalitario e imposición. Ahora aclaremos lo de las votaciones: primero.- No es que no se permita que voten los catalanes; es que tampoco al resto de los españoles les preguntarán sino que se les obliga . Segundo.- tus comparaciones, como siempre, se pueden usar en contra de tus tesis. La ley antitabaco no es resultado de una votación popular; pero tranquilamente pudo serlo y no hubiera recibido tantas críticas en su momento; la obligación de ir a misa es equivalente a la obligación a pertenecer a España que imponéis vosotros, etc. etc. Y no reflejes en mi lo que tu practicas, yo no desprecio ni odio a los españoles, que, no siendo los de tu banda, en su mayor parte están de acuerdo conmigo en que no puedes obligar a nadie a que te quiera (y menos siendo corrupto, impositor, retrógrado, racista..etc. ).

7 nostrus

Parafeixistasvos. Vexo que me replicas en español; ao mellor atopeime co unico nacionalista que non ten ao galego como "lingua sagrada". Pero trabúcaste moito, non existe a obriga de estar en España, podes liscar cando che pete, e levar o que é teu, pero non pòdes levar o que pertenece a todos. España é unha finca que pertenece a seus propietarios e ningun dos propietarios pode proclamarse propietario dun recuncho en particular porque a totalidade do terreno pertenece ao conxunto dos propietarios. Si hai que respetar a lei antitabaco, moito mais hai que respetar a Constitucion que é a mai de todas as leis.

8 nostrus

Parafeixistasvos. Si no desprecias a los españoles a lo mejor es porque no eres tonto, porque sino tendrias autoodio. Si no te gusta la España que tenemos, puede que coincida contigo, pero para solucionarlo tendremos que intentar cambiarla. De todos modos España es una gran nacion, a pesar de los corruptos, de los renegados, de los pederastas ctr. Que sepas que el mundillo nacionalista aporta bastante para convertir nuestra nacion en un estado bananero.

9 Parafeixistasvos

Tuve que aprender el castellano y pienso usarlo. Es graciosa tu comparación de España con una finca: Cuando los propietarios de la concesión de la AP9 deban dejarla no la regalarán ni a ti ni al estado . Si los catalanes logran la independencia, siguen siendo propietarios de sus bienes. Además, para poder hablar por los españoles, y no sólo por gente como tú, tendría que permitirse votar sobre ello, pero eso os da miedo tanto en Cataluña, como en España. Por ti habría otra expulsión de moriscos o judíos en España. Además, pareces no entender que un nacionalista defiende lo suyo, no ataca a los demás...es problema vuestro si os sentís atacados. E para rematar dando o que pides: se non che gusta o galego vaite, se non che gusta o nacionalismo vaite, se non che gusta a cultura galega vaite...E se non sabes escribir vaite á escola.

10 nostrus

Parafeixistasvos. Os catalanes claro que son propietarios do seu, pero o que pertenece a todos non é só deles. O territorio español en calquer parte é de todos os españoles; eso inda non o aprendiche e por eso o teu cacao mental. nunha comunidade de veciños pasa algo semellante, cada veciño é propietario do seu, pero o comunitario é de todos, a escaleira, o rellano, o tellado, ctr.. De ahi ven o fascismo nacionalista que quere acaparar o que pertenece a todos sin consultar con todos. ¿Poden os veciños dun rellano apropiarse de parte do que pertenece a comunidade?, NON. Mentira que o nacionalismo defende o seu, sinon que quere apropiarse do que é de todos. Tamen amosas o estilo fascista mandandome largar si non son nacionalista, pero a vos pemitesevos participar e ter os mesmos direitos que os demais, inda que sexa para destruir

11 Parafeixistasvos

Tés falla na leitura tamén: TI non és dono nin quén de decidir o que fagan os cataláns, non loitas nin traballas alí, non fas nada por eles, non sabes dos seus problemas, nin és dono das súas terras, institucións, cultura etc. Ti só tés unha atitude demagóxica e espanholista sen razóns e porque si. Seguindo cas túas comparacións: os veciños do rellano terán que CONSULTAR entre eles o que farán....pero ti o que queres é que se faga o que a TI che pareza, pois vai ser que non ¡a facer a consulta ou calar! Falaches antes de solucionar os problemas entre todos e leva Galiza 500 anos para que a deixedes medrar¿Cántos séculos vos fan falla? O estilo feixista que che amosei, ben clariño que dixen que o estabas buscando: Se eu non son quén de mandarte largar, ti, polas miñas ideas tampouco o podes facer comigo, pero o fixeches...¿Gustouche a resposta, feixista ?

4 Amóñimo

PP+C's+BNG=13 PSOE+LN+BNG=13 O que sobra e o radical libre de ACE. E as dúas contas son posibles. Por cadansúa concellería non creo que se negaran.

3 John McNamara

Por qué o BNG non vai reprobar á Alcaldesa de Lugo? Trátase dunha moción de censura?. O goberno do PSOE non ten patente de corso aceptado pola esquerda nacionalista do Bloque, faltaría.

2 Carlos Nogueira

Esquerda Unida non ten ningún concelleiro en Lugo

1 chindasvinto

E logo o fantástico de ACE de que ven sendo?

2 Abrairas

chindasvinto: ti mesmo das a resposta, é de ACE