A carreira polo liderato no PSdeG comeza con ataques entre os candidatos

Leiceaga di que el se presenta “sen etiquetas” e Villoslada defende el non "colgar etiquetas" a ninguén. Gonzalo Caballero advirte sobre as “operacións de baróns” para impor candiatos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/07/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A presentación este sábado da candidatura de Xoaquín Fernández Leiceaga á Secretaría Xeral do PSdeG marcou xa o inicio oficial da carreira polo liderato deste partido. Unha carreira que comezou xa con ataques e enfrontamentos entre candidatos, principalmente, entre Leiceaga e o deputado Juan Díaz Villoslada.

Leiceaga, Gonzalo Caballero e Villoslada, candidatos a liderar o PSdeG
Leiceaga, Gonzalo Caballero e Villoslada, candidatos a liderar o PSdeG | Fonte: Ser-Galicia

“A miña proposta para liderar aos socialistas galegos carece de etiquetas ou tutelas e non está feita para gardar o sitio a ninguén nin estar á sombra de ninguén". Así presentaba a súa candidatura Leiceaga este sábado en Santiago nunha clara alusión a Villoslada que, obviamente, non tardou en responder. 

O deputado asegurou que o seu "estilo" na carreira por liderar aos socialistas galegos non será "tratar de colgar etiquetas" aos outros candidatos. "Tratar de colgar etiquetas a outros non vai ser o meu estilo. Prefiro mirar cara a adiante, falar de proxectos. Se esas son as formas de tratar de confrontar por parte doutros candidatos, como digo, non vai ser a miña forma de formular o debate", aseverou Villoslada n declaracións a Europa Press.

Todos miran aos militantes

"Iso é algo que eu tamén podo dicir doutros", engadiu, para logo matizar que non quere "entrar nunha dialéctica que realmente carece de contido". "O que estamos é á sombra da militancia. Os militantes van ser os que se van pronunciar. Os apoios hai que buscalos entre a militancia", remarcou, antes de asegurar que cre que a carreira pola secretaría xeral non vai afectar ao clima do grupo parlamentario a pesar "da visión mediática que pode terse disto".

Gonzalo Caballero E Díaz Villoslada
Gonzalo Caballero E Díaz Villoslada

Tamén Leiceaga suliñou que se debe aos militantes."Eu vou facer a miña política se os militantes danme a súa confianza", dixo para logo sinalar que o PSdeG debe "traballar" na "localización das novas coordenadas" trazadas no partido a nivel estatal tras a vitoria de Pedro Sánchez nas primarias do mes de maio.

"Estamos nun tempo novo. A quen teño que comunicar a miña decisión é aos militantes". Esta foi a resposta de Leiceaga á pregunta de se informara antes da rolda de prensa deste sábado ao secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, da súa intención de concorrer ao proceso interno dos socialistas galegos.

Candidatos de “baróns”

Pola súa banda, en declaracións a Europa Press, o tamén candidato á Secretaría Xeral do PSdeG Gonzalo Caballero evitou "interpretar" as declaracións feitas por Fernández Leiceaga e por Villoslada.  En todo caso mandoulle un recado aos dous. "Non podemos cometer erros caendo en operacións deseñadas por baróns que xa fracasaron noutros momentos desde que perdemos o goberno da Xunta", incidiu, logo de remarcar que a súa candidatura "se basea na militancia".

"Non se trata dos cargos, dos baróns. O protagonismo correspóndelle ás bases, que teñen que marcar a folla de ruta e fixar os novos referentes", sinalou. Nesta liña, declarou que percibe "unha vontade moi forte de cambio" entre os socialistas galegos, que demandan "un partido máis aberto, máis ilusionante e con maior capacidade de apertura á sociedade".

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga
O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 maratista

LEITUGAS... ti es un traidor, traizoaches a patria galega, e enzoufacheste cos comunistoides do pe$oe e despois cos mangaluces da susana, vaiche tanto un.ha cousa como outra anda e vai traballar ... dimite vouche decir o que pensa todo o mundo que non vales nada... si ti o villano os sumarais ainda non conseguiriades facer un home!-