Crecen as críticas contra a mina de San Finx

Noia Histórica súmase ás reivindicacións de Vida e Ría e pide unha planta de depuración activa.

Por Galicia Confidencial | Noia | 31/07/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Asociación de Comerciantes e Profesionais Noia Histórica tamén se amosa contraria ás actividades da mina de San Finx e á posibilidade de que estea contaminando a comarca. Por iso emitiu unha Declaración sumándose ás reivindicacións de Vida e Ría en relación á problemática ambiental das Minas de San Finx. 

Contaminación do rego de San Fins, en Lousame
Contaminación do rego de San Fins, en Lousame | Fonte: ADEGA

A entidade empresarial reclama así a “instalación dunha planta de depuración activa para poder levar a cabo, de novo, a explotación da mina de San Finx, así coma o seguimento e garantías necesarias para o control da balsa de residuos que existe na actualidade e o arranxo das presas mineiras afectadas“.

Desde Noia Histórica, asociación creada para dinamizar a economía local e defender os intereses do empresariado da vila, destacan que “o respeto e proteción ao medio ambiente terá que ser sempre o primeiro obxetivo na explotación dos recursos naturais. En sí mesmo, esta política proteccionista constitue o mellor investimento económico” de modo a non “comprometer a calidade de vida e o futuro das xeracións presentes e futuras e axudando ao desenrolo integral da zona“.

Noia Histórica súmase así a outros colectivos profesionais e empresariais que veñen apoiando as reivindicacións de Vida e Ría, e que inclúen tamén a Asociación Turístico Comarcal Ría de Muros-Noia, que agrupa os empresarios de establecementos de turismo rural da comarca, a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia ou o Sindicato Labrego Galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta