Temas: CINE

O director José Luís Cuerda en observación no hospital da Coruña tras sufrir un golpe na cabeza

O seu estado non reviste gravidade e, previsiblemente, recibirá o alta na mañá do luns.

Por E.P. | A Coruña | 30/07/2017 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

O cineasta José Luís Cuerda permanece en observación no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), onde foi trasladado este domingo logo de sufrir un golpe na cabeza nun hotel do municipio coruñés de Betanzos.

Jose Luís Corda presenta 'Os girasoles cegos'
Jose Luís Corda presenta 'Os girasoles cegos' | Fonte: Europa Press

Segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas ao director manchego, o seu estado non reviste gravidade e está previsto que na mañá do luns reciba o alta.

O director atopábase en Betanzos no marco da Semana do Cinema desta localidade. Alí, na gala do clausura celebrada o pasado sábado, recibiu unha homenaxe á súa traxectoria.

José Luís Cuerda garda unha gran relación con Galicia, onde posúe unha adega situada no municipio ourensán de Leiro na que elabora viño ribeiro.

Temas: CINE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Dr Bacterio

Moitas grazas por corrixir o titular

2 Dr Bacterio

Menudo titular: Nun hospital da Coruña.. Por que non poñedes : Ingresado no CHUAC ?

1 Mercedes Santiago

José Luis Cuerda naceu en 1947

1 Sesese

Así, si