Compostela Aberta critica a varios medios de comunicación

O último número do Viso, o xornal de Compostela Aberta, volve a cargar contra algúns medios en comunicación. En concreto, contra La Voz de Galicia, ABC e El Correo Gallego ao fío do arquivo da causa contra o concelleiro Jorge Duarte.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/07/2017 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Na sección “As mentiras dos medios”, a marea compostelán reproduce varias informacións das citadas cabaceiras marcadas cun “Falso”. No texto explica que Duarte lanzou un grupo de traballo con funcionarios e posición para aclarar o procedemento para pór sancións aos locais de ocio expedientados, malia o que “algúns medios e o PP xulgaran a Duarte antes de tempo”.

Sección 'As mentiras dos medios' en O Viso de Compostela Aberta
Sección 'As mentiras dos medios' en O Viso de Compostela Aberta

Compostela Aberta lembra que a Fiscalía non escoitou a versión do concelleiro antes de solicitar a súa imputación. Unha acusación  que foi arquivada pola xuíza nove meses despois tras escoitar a versión do político.

Duarte mostra nunha rolda de prensa un dos expedientes polos que está imputado
Duarte mostra nunha rolda de prensa un dos expedientes polos que está imputado | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

1 Gamela

Ben feito !!! e ogallá os medios "independentes" (se é que queda algún) se fagan eco desta nova cando PPSOE suscriban o seguinte Convenio con Medios de Desinformación (que son moitos e moi variados!) // Hoxe MORRE outro xornal INDEPENDENTE !!! http://www.bez.es/55850266/bez-deja... Animo aos lectores de GC a suscribirse masivamente a GCPlus como mostra de RESISTENCIA !!!