Temas: PUBLICIDADE

O Colexio de Xornalistas pídelle ás institucións que regulen a publicidade institucional

O Concello de Ames aprobou este venres as primeiras bases de publicidade institucional dun concello galego.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 01/08/2017 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de Xornalistas (CPXG) mantivo contactos con varias administracións para que regulen o uso da publicidade institucional. Por iso, anima a moitos destes entes (locais, comarcais, provinciais e autonómicos) a estabeleceren criterios transparentes e xustos que permitan un uso eficiente e ecuánime desta ferramenta.

Portadas de medios galegos
Portadas de medios galegos

Faino logo que que o Concello de Ames aprobara as primeiras bases de publicidade institucional dun concello galego, que regulan o investimento municipal nos medios de comunicación. O CPXG participou coas súas achegas na redacción destas bases. Tamén a Asociación de Medios en Galego remitiu algunhas propostas. O texto foi enviado aos medios próximos ao concello, para que poidan facer as súas propias achegas ao documento.

As bases establecen os criterios e mecanismos para contratar publicidade institucional, entendendo por tal todo anuncio, aviso ou información de interese para a poboación, publicada en medios de comunicación, en calquera soporte, orixinada, promovida ou contratada polo Concello de Ames. Exclúense da aplicación destas bases os anuncios de carácter administrativo que, polas súas características, só poidan inserirse en medios escritos ou audiovisual de carácter diario e mailos anuncios que veñan derivados de obrigas que deban cumprir persoas ou entidades subvencionadas, patrocinadas, contratistas ou concesionarias do concello.

Os valores polos que se rexen as bases son o interese xeral e utilidade pública, a eficacia na comunicación, a transparencia na xestión pública e a racionalidade no gasto público. Para isto, estabelécense os criterios a ter en conta para contratar a publicidade: a difusión e audiencia (máximo 5 puntos), as condicións do medio (máximo 4 puntos), os contidos en galego (máximo 7 puntos), a responsabilidade social (máximo 5 puntos), e as tarifas (máximo 15 puntos).

A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos
A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos
Temas: PUBLICIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta