O 26% dos galegos engorda máis de 5 quilos durante o verán

Consume máis refrescos e cervexas nun 22,73%, xeados e doces un 35,45% e comida preparada nun 5,45%, segundo un estudo da compañía Aora Health.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 02/08/2017 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

O 54% dos galegos cambia a súa alimentación durante o verán e o 26% engorda máis de 5 quilos, o que equivale a unha talla e media máis de roupa, segundo un estudo realizado por Aora Health no que participaron máis de 300 persoas.

Cervexa
Cervexa | Fonte: Pixabay.

 

Máis da metade dos enquisados, o 54,09%, dixo que durante o verán, e non só durante as vacacións, cambiaba os seus hábitos alimenticios, o que contribuía ao seu aumento de peso. Así, o 22,73% dos enquisados consome máis cervexa e refrescos, o 35,45 % aumenta o consumo de xeados e doces, o 5.45% consome máis comidas preparadas e o 36.36% que come máis froitas e verduras.

 

A pesar de que un 55,45% dos enquisados dixo que realiza deporte durante o verán, principalmente running, camiñar, nadar e deportes de auga, seguen incrementando o seu peso por uns malos hábitos alimenticios.

Unha muller con problema de obesidade
Unha muller con problema de obesidade | Fonte: Wikimedia

 

Finalmente, o 52% dos enquisados afirmou que tras o verán ten pensado quitarse os quilos de máis, especialmente grazas a unha dieta sa descartando os alimentos procesados.

 

Sobrepeso "estacional"

 

"A nosa relación co sobrepeso é estacional - comenta Gonzalo Peñaranda, director xeral de Aora Health - e ao longo do ano experimenta varios ciclos de aumento e redución, algo que non é nin san nin recomendable. A clave é aprender a comer de maneira equilibrada, ao longo de todo o ano, e manter unha vida activa realizando exercicio físico cada día".

 

Aora Health é unha empresa española de I+D+i que investiga, deseña e fabrica complementos alimenticios de alto valor engadido, con máis de 30 produtos comercializados, en 10 mercados internacionais. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta