Cohesión

Para que un territorio interaccione e medre ten que necesariamente estar ben comunicado. No século XXI, no que todo é a golpe de clic, non se entende o crecemento sen un territorio ben comunicado que potencie os intercambios e relacións en pouco tempo. A política de crecemento da gobernanza global basease precisa-mentes hoxe máis que nunca na interrelación e nas sinerxías dos movementos e vangardas.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 03/08/2017

Comparte esta noticia
Calquera das zonas mundiais con esta potencia: Italia do norte, Benelux, Alemaña, Grandes Lagos, Osaka ... teñen en común unha capacidade de interacción rápida e efectiva, os medios de comunicación e transporte entre as diferentes cidades están fortemente reforzados cun transporte público de calidade que ten  unha efectividade real, non só cara fora da rexión senón que interrexional, que favorece o crecemento igualitario de cada vila e comarca que os conforma. Este é un dos piares do éxito como zona de referencia produtiva e potencia económica.
 
Galicia pola súa xeo-localización ten que converterse nunha forte rexión produtiva e plataforma de comercio global: Euro-rexión con Portugal, Atlántico, Cantábrico e saída cara Europa de moitos produto de entrada. Pero os distintos gobernos da Xunta fracasaron no primeiro paso: cohesionar Galicia para fornecer unha rexión global. Está opción de territorio punteiro está fracasar porque non se conta con Lugo e Ourense. A mostra real pona a famosa aplicación Google Maps cun exemplo práctico. Para viaxar de Burela a Monforte (165 km) en automóbil son 1 h e 59 min, en transporte público 16 h e 42 min  e en bicicleta 9 h e 45 min, a realidade e fría e a xestión é pouca, pouco soluciona o ave neste caso, aínda que sexa necesario.
 
Gobernantes, non se pode medrar como País cando cruzar unha provincia leva a metade de tempo en bicicleta que en transporte público, precisamos de solucións xa, sen promesas e obras faraónicas só realidade e sentidiño. Facer de Galicia un referente no mundo comeza necesariamente por achegar ós galegos e galegas entre nós.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA