Temas: VENEZUELA BNG

O BNG pecha filas co chavismo en Venezuela

A fronte presenta o Goberno de Maduro como vítima do imperialismo e dos medios de comunicación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/08/2017 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

O Bloque volveu a tomar partido público a prol do goberno bolivariano en Venezuela. Fíxoo nun comunicado no que aplaude ao pobo por elixir unha Asemblea Constituínte para reformar a Constitución.

Nicolás Maduro, presidente de Venezuela
Nicolás Maduro, presidente de Venezuela

A oposición cifrou en algo así como o 14% a participación. Foi algo máis do 40% segundo o executivo de Nicolás Maduro. Toda a oposición boicoteou os comicios pois considera que un paso cara a ditadura, pero o BNG considéraos lexítimos.

Petróleo

Os nacionalistas galegos denuncian que a votación saíu adiante pese a “inxerencia internacional, ameazas de tres Estados, coacción económica e diplomática e manipulación mediática”. Dos numerorsísimos incidentes violentes, a fronte unicamente cita en concreto o asasinato dun candidato á Asemblea.

Na súa opinión, a mala prensa que ten Maduro no país débese aos “intereses económicos e estratéxicos que planean os recursos enerxéticos de Venezuela”.

Temas: VENEZUELA BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

2 Gamela

Comprendo que Paco Rodríguez teña o corpo cheo de ledicia, pero o que xa me parece máis difícil de tragar é o papel que xogou a Senadora de En Marea facendo informes de limpeza democrática para a ANC de Nicolás Maduro ? Vanessa Angustia foi votada por galegas de Pontevedra para o Senado "español" (e cobra un bo soldo por iso!) ¿Qué pinta esta Senadora do Reino de España en Caracas? ¿Con que representación do Senado foi a meter o nariz nos "problemas internos" dos venezolanos? ¿En Marea debera dicir algo do asunto, ou xa o decide todo a Vicepresidenta Eva Solla? Censurando aquí a liberdade de expresión nas redes sociais (cando logo denuncian manipulación no caso de venezuela!) https://twitter.com/Gamela2017/stat...

1 Gamela

Pero que eu saiba o pobo galego ten suficientes NECESIDADES como para permitirse o luxo de que a súa Senadora ABANDONE as OCUPACIONS ORDINARIAS no Senado para pasearse por Caracas ??? En Marea converteiuse xa en Partido Instrumental Internacionalista? Non son quen de celebrar xuntas o Día da Patria e son quen de apoiar xuntas o Referendum que levará a Maduro aos Altares da Democracia Popular (?)

1 Goethe

Moi ben, silencios, non posicionarse co último foco de resistencia labrega e antiracista é equivalente en termos históricos a contribuir a sua desaparición e entrada no neoliberalismo.