Temas: VENEZUELA BNG

O BNG pecha filas co chavismo en Venezuela

A fronte presenta o Goberno de Maduro como vítima do imperialismo e dos medios de comunicación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/08/2017 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

O Bloque volveu a tomar partido público a prol do goberno bolivariano en Venezuela. Fíxoo nun comunicado no que aplaude ao pobo por elixir unha Asemblea Constituínte para reformar a Constitución.

Nicolás Maduro, presidente de Venezuela
Nicolás Maduro, presidente de Venezuela

A oposición cifrou en algo así como o 14% a participación. Foi algo máis do 40% segundo o executivo de Nicolás Maduro. Toda a oposición boicoteou os comicios pois considera que un paso cara a ditadura, pero o BNG considéraos lexítimos.

Petróleo

Os nacionalistas galegos denuncian que a votación saíu adiante pese a “inxerencia internacional, ameazas de tres Estados, coacción económica e diplomática e manipulación mediática”. Dos numerorsísimos incidentes violentes, a fronte unicamente cita en concreto o asasinato dun candidato á Asemblea.

Na súa opinión, a mala prensa que ten Maduro no país débese aos “intereses económicos e estratéxicos que planean os recursos enerxéticos de Venezuela”.

Temas: VENEZUELA BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

7 Rosebud K

https://twitter.com/diasasaigonados... Se non funcionan as novas sobre a Marea para "dinamizar" non vos preocupedes... Sempre lles quedará a vaga de calor, o cambio climático ou a perfidia do bloque... Xa só lles queda sacar a Putin. Parabéns, sodes a honra do xornalismo.

4 Emigrado

Xa o di o refrán....Deus os da e eles.... Así lles vai. Coa de galegos que hai pasándoo mal en Venezuela, entre eles da miña familia, e veñen estes con estas lerias.

1 Parada do Sil

En Venezuela estano pasando mal con Maduro, E MOITO PIOR o van pasar se chega Leopoldo López e os seus secuaces cadelos ultraderetistas ao poder. O petróleo administrado por USA a cambio de engordar a catro familias de vendidos. Pobre pobo venezolano! Pobres dos que se fían do que nos contan os parciais medios occidentais!

3 Brixio

Mequetrefes...