O Goberno do PP vende o noso futuro e o noso pasado... A pesca (I)

O goberno do PP, tanto o central de Rajoi como o galego de Feijoo, véndennos ás multinacionais e atentan contra o pasado de Galicia, contra os seus costumes, contra a súa historia, contra o noso patrimonio, pero o que é peor, contra o futuro dos nosos fillos e netos...o PP de Rajoy e o PP de Feijoo tentan acabar coa pesca de artes menores para implantar a acuicultura que piden as grandes multinacionais amigas do PP, como Mercadona ou como a industria proveniente de Xapón, da que se pretende a súa plena implantación nas nosas rias.

Por Carlos González Armada | Vigo | 07/08/2017

Comparte esta noticia
Recentemente o secretario xeral de pesca, Alberto Lopez Arsenio, declaraba no senado que a acuicultura é unha prioridade para o goberno, e que ese sector sera o eixo vertebrador do sector da pesca.....e penoso que o secretario de pesca NON TEÑA NIN IDEA do que é o sector da pesca, e penoso que NON TEÑA NIN IDEA do que é mellor para o sector pesquero, ou peor aínda, que se ten idea sexa un senvergoña, e presuntamente corrupto, que esta a vender o futuro do sector pesqueiro e dos nosos fillos e netos.
 
O eixo vertebrador do sector pesqueiro deberían de ser as artes que realizan o seu labor de forma sustentable medioambientalmente, as que protexen os fondos marinos, as que protexen o crecemento da biomasa, aquelas que poden garantir que o dia de maña os nosos filhos e netos seguen tendo un posto de traballo e que os nosos filhos e netos poden seguer comendo peixe de calidade e natural...a estas artes pesqueiras  deberian promocionarlas para que fose a traves delas das que se mantivese o equilibrio entre a oferta e a demanda, que fose a traves de artes de pesca, como a pesca de arte menor, as que satisfixesen a demanda de consumo, porque esa aposta aportaria mais postos de traballo, mais sustentabilidade, e mellor calidade no produto que consumamos os usuarios finais.
 
O grave deste asunto non é que nos vendan, co grave que supón ese feito en se mesmo, o grave é que para facelo incumpren a lei. Europa regula as cotas e as reparticións, e o goberno español fai trampas para, saltándose a lei, acabar co sector das artes menores de pesca e similares, e conseguir implantar nas nosas rias o capital dos seus amigos....a pesca xa esta comezando o camiño rastrero que hai tempo iniciaron e xa consolidaron as enerxéticas...será que depois servira tambem para colocar a algúns coas famosas portas giratorias?....non podo afirmalo con rotundidade, pero se podo afirmar tajantemente que o PP quere colocar aos seus amigos e acabar co noso patrimonio histórico en Galicia....a pesca.
 
En posteriores artigos iremos explicando como se tece a trama, e porque é unha aberración económica para Galicia e para España implantar acuicultura e arrastraderos en ves das artes mais sustentables co medio ambiente, cos fondos mariños, coa biomasa submarina.....desde Xuntos (plataforma cidadá), e Podemos 15M (movemento politico Galego), non imos permitir que isto ocorra, non polo menos sen contar a verdade ao mundo, e non sen apoiar nas nosas posibilidades aos mariñeiros afectados, non sen presentar batalla e oposición a esta miserable actuacion do PP nas nosas augas en un capitulo mais da corrupcion que inunda o partido neo-liberal do regime do 78 que nos goberna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos González Armada Perito Xudicial (Inxeñeiro e Criminólogo). Portavoz de Xuntos Podemos (movemento interno de Podemos Galiza) e co/fundador de Podemos 15M (movemento de federalizacion de Podemos estatal en Galiza)