Temas: MADEIRA

A Xunta crea unha axencia da industria forestal para "revalorizar" o sector da madeira

Feijóo di que quere "cumprir a palabra" dada ao sector e que se aspira a incrementar as exportacións de Galicia, que xa é a novena potencia forestal de Europa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2017 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A Xunta acaba de crear unha axendia da industria forestal. Unha nova axencia pública que chega xusto cando no país hai aberto un gran debate sobre o futuro do eucalipto e cuxo obxectivo é "revalorizar" o sector da madeirade axudalo a "avanzar, innovar e crear máis emprego de calidade".

Consello este xoves
Consello este xoves | Fonte: Europa Press

Con esta axencia, o Executivo autonómico pretende "distribuír" as competencias na xestión do monte, que quedará dividida en dúas vertentes: por unha banda o ámbito económico --que dependerá da Consellería de Economía e Industria-- e, por outro, a política contra incendios e de ordenación, da que se seguirá encarganda Medio Rural.

Así o avanzou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, ao termo da reunión do Consello da Xunta, na que se acordou a creación desta axencia, que está previsto que entre en funcionamento a partir do próximo mes de setembro.

Trátase, segundo aclarou Feijóo, de "cumprir a palabra" dada ao sector madeireiro e, deste xeito, que exista un órgano "específico" que se faga cargo da vertente económica da explotación dos recursos forestais a través dunha axencia que dependerá da carteira de Economía do Goberno autonómico.

Un "sector importante"

“Aprobamos hoxe de xeito definitivo unha ferramenta clave para revalorizar o sector da madeira”, aseverou, subliñando que o sector forestal galego está formado por preto de 3.000 empresas, que empregan a máis de 80.000 persoas e facturan arredor de 2.000 millóns de euros.

Operarios de ENCE trafegando madeira
Operarios de ENCE trafegando madeira | Fonte: ence.es

Durante a súa intervención, Feijóo subliñou que o obxectivo é que o sector conte cun órgano específico que traballe en medidas concretas para a industria forestal: para incrementar o valor dos produtos, para incorporar cada vez máis emprego cualificado e para innovar con máis intensidade.

Con esta finalidade a axencia centrarase nas pemes que conforman a cadea forestal, e que pertencen a subsectores como a explotación forestal, na que se inclúen traballos de corta e saca, de silvicultura e comercialización de madeira en bruto; na primeira transformación, á que se dedican sobre todo os serradoiros; e na segunda transformación, da que forman parte os traballos de carpintería e mobles, madeira tratada e elaborada, fabricación de portas e ventás e o sector contract, entre outros.

“Cremos que debemos exportar máis”, afirmou incidindo en que a axencia se poñerá a traballar de xeito inmediato para contribuír ao progreso da industria forestal, que xa acumula crecementos importantes nos últimos anos.

Temas: MADEIRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 plataforma pro toxo-picudo

esta ardendo moito verin... falan de 600 hectáreas de 4 quilómetros de fronte de lapas, de vehiculo de extinción queimado incluso de xente afectada polo lume polo visto ian salvar un.has colmenas de abellas, a cousa e grave e descontrolada coas estradas a-52 e n-525 cortadas... señores A UNTADA ESTA FACENDO SITIO PARA O EUCALIPTO

1 Gamela

¿Terán dereito as arbores a VIVIR en Galicia? Ou será un DESERTO antes de 20 anos? Queixumes dos Pinos !!! http://www.campogalego.com/forestal... Entre os uns e os outros non vai quedar un piñeiro en pe...!!!