Temas: VENEZUELA ANOVA

Anova tamén apoia o chavismo

Ao igual que fixera o BNG hai uns días, o partido nacionalista que forma parte da Marea acusa á oposición de ser violenta e contar co apoio de potencias foráneas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2017 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

Anova acusou á oposición de Venezuela de pretender o retorno da oligarquía ao poder e liquidar as conquistas do poder popular, manifestándose a formación política como "aliada" da unidade popular revolucionaria e solidarizándose coa República Bolivariana.

Nicolás Maduro, presidente de Venezuela
Nicolás Maduro, presidente de Venezuela

Nunha nota de prensa, Anova sitúase como "aliada da independencia venezolana, da súa soberanía nacional e da unidade popular revolucionaria", como formación que, "como a revolución bolivariana", é "antiimperialista".

Anova asegura que a oposición venezolana ten por obxectivo restituír a orde liberal e non ampliar liberdades nin dereitos sociais. A estratexia da dereita venezonala, engade, está "subordinada a desestabilizar o país, multiplicar o malestar cidadán e crear un estado de excepción que permita un golpe pola forza para derrocar ao goberno e á constitución bolivariana".

Anova acusa á oposición a recorrer "á violencia e á sabotaxe", tentando "deslexitimar eleccións limpas" co "aplauso" dos Estados Unidos, Europa e España, contando cos mesmos apoios das forzas e corporacións multinacionais que "encheron Latinoamérica de ditaduras militares e gobernos fascistas".

A formación política engade que a "falta de soporte social, o boicot", concentrado "en barrios ricos", transformouse "en violencia organizada e en terrorismo aberto nos meses previos ao 30 de xullo".

Como engadido, a "manipulación informativa" que, a xuízo de Anova, se está a producir ao redor da situación de Venezuela, "anestesia a conciencia crítica dos cidadáns" e "impón a bondade dunha intervención de forza contra a República Bolivariana".

Temas: VENEZUELA ANOVA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 anonimo

En Venezuela haberá este ano 28.000 asesinatos e una inflación próxima ao 1000 %; cousas que desde logo non son consecuencia nen dos medios de comunicación, nen das potencias imperialistas. Simpelmente, o Estado é un caos, i é un pouco infantil botarlle a culpa aos de fora: faltan ideas, e recúrrese aos tópicos de sempre.

6 Amóñimo

E villares de vacaciós.... mimadriña

5 M.H.

Non entendo nada. En Galicia as forzas nacionalistas de esquerdas alineándose a favor do chavismo, o seu fraude e as súas arbitrariedades. De pena.

1 antimperialistas

Entenderías mellor que apoiasen o golpismo fascista e criminal dos asasinos Leopoldo, Capriles, Tintori e Ledesma, axentes dereitosos da CIA? Vostede sí que dá pena, borrego. (Ben por Anova e pola Marea).

4 Galle guiño

Outra vaca no millo....

3 Gamela

Non son quen de celebrar xuntos o 25 de xullo e póñense dacordo en celebrar a Maduro ? o pobo galego vailles pasar factura antes do que pensan! Se quixeran len os comentarios que suscita esta nova... igual deixaban de facer seguidismo da Senadora Vanessa Angustia & BNG ¿Para que hostia fixeron o partido instrumental? para darlle outra maioría absoluta ao PP ??? http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 Gamela

Ampliando a confusión... https://www.noticiasvigo.es/anova-c...