Á Xunta non lle gusta que a Fundación Francisco Franco xestione o Pazo de Meirás

O conselleiro Román Rodríguez asegura que a fundación "nunca tivo nin ten" a colaboración da Xunta e aclara que o Goberno galego "non ten competencias" para decidir se os seus actos e declaracións son ilegais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2017 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asegurou que á Xunta "non lle gusta" que a Fundación Francisco Franco xestione as visitas ao Pazo de Meirás, á vez que incidiu en que o Goberno galego "non ten competencias" para decidir se as declaracións e os actos da organización incumpren a legalidade.

Pazo De Meirás
Pazo De Meirás | Fonte: Europa Press

Rodríguez, ademais, afirmou que a Administración autonómica "non descarta tomar medidas" se a fundación que xestiona as visitas ao complexo de Sada (A Coruña) comete accións que van contra a lei, pero insistiu en que son os órganos xudiciais os que se deben ocupar do seu cumprimento.

O conselleiro tamén aclarou que lle gustaría que fose outro organismo o que xestionase as visitas ao Ben de Interese Cultural que é o Pazo de Meirás.

"Obviamente, non se pode consentir ningún tipo de comportamento que vaia en contra da lei ou que practique calquera tipo de apoloxía do fascismo ou do terrorismo", declarou Román Rodríguez á vez que puxo en valor que esta é unha sociedade onde, "afortunadamente, todos teñen dereitos e obrigacións".

A XUNTA ACTUARÁ "IGUAL QUE CALQUERA CIDADÁN"

O conselleiro reiterou que é a Xustiza a que "se debe ocupar de cumprir a lei", polo que debe ser esta quen determine se son ilegais as declaracións do portavoz da Fundación Francisco Franco, Jaime Alonso, nas que aseguraba que o ditador "non fusilaba a xente" e que usarían os percorridos polo Pazo de Meirás para falar sobre a "grandeza de Franco".

Ao seu modo de ver, se a Xunta, "igual que calquera cidadán ou calquera administración, ten constancia de que hai calquera declaración ou actitude en contra da lei", "o seu deber" é informar á xustiza para que este órgano actúe.

Ademais, Román Rodríguez reafirmou que "fixeron todo o que tiñan que facer no seu momento" con respecto á declaración do Pazo como BIC, e reiterou que a Fundación Franco "nunca tivo nin ten" a colaboración da Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 luis ferrolan do pisco

Os regalos recibidos po los Xefes de Estado durante o desempeño do seu càrrego no os reciben estos a título perssoal, son obsequios a institución, ao Estado . Po lo tanto o Pazo de Meirás debe ser un B. N. de propiedade estatal. Que significa seto?? Que falecido o xefe de estado que fixo uso del durante o seu mandato, ese edificio pode seguir con o mesmo uso que se lle daba Residencia de veran do xefe de estado , pero no pode quedar en mans privadas, pois e propiedade do Estado como La Moncloa La Zarzuela ou A Torre de Hercules Por Deus no me fagan nada. non quixen ofender a nieguen..

4 Berros

Lo que tenía que hacer la Xunta era derribar la estatua del asesino Che Guevara, por pura apología del terrorismo. Y luego encarcelar a todo fillo de p. que saliera a la calle con una bandera de Galicia manchada con la estrella roja de los asesinos comunistas.

3 Memoria selectiva

A asociación Adolfo Hitler xestiona as visitas ao sonado Niño da Aguia (Kehlsteinhaus), donado polo partido na-zi coas aportacións a vontade (podían casar ou non) dos matrimonios que tiñan que mercar o Mein Kamp coma misal. Os terreos foron donados polos vecinos, que se foron vivir outra parte para non interferir na contemplación da paisaxe. As obras foron supervisadas por Borman coa aportación de man de obra escrava voluntaria. As visitas son guiadas pola asociación, onde se percorrera a historia e grandeza do führer, onde con Himler se tramitou o holocausto, a operación barbarroxa contra as hordas vermellas, ou o recuncho onde soia botar os peidos despoia dos xantares vexetarianos

1 sbc

Juaaas, o nazismo cometeu delitos de xenocidio. Do franquismo e Franco ningún tribunal dixo que os cometera. Baixa da nube, q os teus xenocidas, son literarios. Xurídicamente as túas víctimas son delincuentes, aos que lles perdoamos os delitos en diversas amnistías. Floto coa mentalidade simple de maestro de escola, xusto para a mentalidade cortiña dos clientes da extrema esquerda

2 De Laliy

Pos xa que falamos de fascistas caciques que veňan a Lalín u as familias caciquiles seguen sendo as que teňen todo ainda que agora presuman de galeguistas

1 MAMORIA HISTÓRICA

Como estoy leyendo mucha bobería en espacios de agitación os voy a contar de una p. vez, como se pagó en realidad Meirás. Los donativos, en su inmensa mayoría voluntarios --que esa Galicia requeterrojísima oprimida por el fascismo nunca existió-- fueron una basurilla; lo mismo que lo que se recaudó en expedición de cédulas personales; y lo mismo el día de haber que se descontó a funcionarios, todos depurados y que habían demostado ser más franquistas que Franco, que los demás se fueron a la calle. El pazo se pagó con un % de lo recaudado por los ayuntamientos en los impuestos de contribución rústica, urbana, o industrial, quiero recordar que en torno a un 5% Y quien pagó el porrón que faltaba, se sabe y se calla, fue Pedro Barrié... al que como agradecimiento se otorgó el título de Conde de Fenosa.

1 MAMORIA HISTÓRICA

Y otra cosa ¿qué bobada es esa de querer borrar el paso de Franco por Meirás y resaltar que lo importante fue el período en que lo habitó Emilia Pardo Bazán? ¿Pero cuándo se conoció y difundió por el resto de España y el mundo ese pazo más que cuando lo habitó Franco, recibía a personalidades, mantenía reuniones trascendentes, se reunía allí el consejo de ministros, etc.? D′ Emilia tiene una casa museo en La Coruña, las veces que la visité estaba solo con los acompañantes que llevaba. En definitiva, que guste o no, la gente no visita Meirás por la Pardo Bazán, sino por el morbo de estar en lo que fue la residencia veraniega de Franco.

2 john mcnamara

Menuda mamoria tes, como se nota que non viviches na zona. Voluntaria?, ti sabes que até a xoierías tiñan que pechar na Coruña cando chegaba Carmen Polo porque se levaba as cousas sen pagar?

3 Leike

Iso do da "categoría" que lle deu Franco ao pazo facéndoo coñecido é moi logrado. E o do morbo aínda mellor. Agora vai resultar que "gracias a" Hitler Auschwitz é coñecido e visitado!

4 Lozano & Lores SLU

O provocador mequetrefe neofascista esquece que hai documentos oficiais publicados (Carral), que demostran como se organizaron as doazóns "voluntarias", nas que os recadadores eran grupos de falanxistas que facían visitas polas casas dos veciños. O voluntarismo dos sometidos ao terror da dictadura..., aínda vai ser que os xudeos lles regalaron os bens aos nazis de xeito voluntario! Quen foi o (i)rresponsable último e definitivo da entrega de Meirás aos Franco foi Juan Carlos Borbón, outro detalle que non se conta para salvar a transición.

5 Lozano & Lores SLU

Igual que non se restituiron as propiedades da familia de Pepe Miñones, asesinado polos fascistas, de quen se beneficiou o "xeneroso" Pedro Barrie de la Maza (comenzando pola eléctrica que deu lugar a Fenosa), e nomeado conde polo dictador (casos escandalosos: os títulos nobiliarios repárteos o rei e Franco non era tal). Nin hai maneira de xustificar a fortuna millonaria da familia Franco, as súas posesións son froito do saqueo, pouco importa xa que os posteriores bens do Borbón tampouco hai xeito de amasalos cosas retribucións públicas percibidas. E aínda hai neofascistas que pretenden visitar os seus lugares por se conservan o cheiro das deposicións fecais dos seus antepasados ideolóxicos!

6 MAMORIA HISTÓRICA

El cuento de las joyerías lo desmentía el joyero Alfredo Malde Pardo de Andrade, así que menos cuentos que no hay un solo testimonio de joyero ni empleado de joyería que avale esa patraña. Para el mandril Lozano: ¿Carral y la Galicia rural eran antifranquistas? ¿A quien quieres engañar? Los papeles de Carral ponen de manifiesto que las comisiones recaudadoras las formaba el párroco, la maestra y algún concejal, falangista o alcalde de barrio. Sal de tu nube: tus víctimas literarias son delincuentes (como saben los descendientes de Miguel Hernández), ya amnistiados por Franco en su totalidad en la del 69 o 70. Miñones suministró víveres al enemigo y eso se castigaba con penas que iban de reclusión perpetua de 30,a muerte. Como era dirigente, no un ignorante, se le apreció la agravante de perversidad del delincuente y fue pasado por las armas. La tilita...