Temas: LUMES INCENDIOS

O lume de Verín, nos medios ingleses

O Sunday Express publica os vídeos dalgúns dos conductores que quedaron atrapados no medio do lume.

Por Galicia Confidencial | Londres | 07/08/2017 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

"Lumes en España: Vídeo das chamas devorando enormes áreas con temperarturas superiores aos 40º". Deste xeito coñeceu o público británico os efectos do gran lume do verán en Galicia, o de Verín, que xa quemou máis de 1.400 hectáreas.

Así, este medio publicou un vídeo no que se pode ver a un conductor rodeado polas chamas e cualifica de "horrible" e "devorador" este incendio, ao destacar que nel traballan 22 brigadas, 12 helicópteros e catro aeronaves.

Incendio en Verín
Incendio en Verín | Fonte: @UGTForestaisGZ

Durante a fin de semana houbo un cruce de acusacións entre profesionais e concellos como o de Verín que acusan a Xunta de non ter actuado correctamente para atallar o lume. Mentres, Medio Rural insiste no bo facer do operativo e reclama colaboración.

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta