Recital e soño cumprido

O piloto lucense Jorge Prado, de 16 anos, vence no Gran Premio de Bélxica de motocrós en Lommel, a súa casa dende hai cinco ano. É o seu segundo triunfo no Mundial tralo conseguido en Trentino en abril.

Por gcdeportes | Lugo | 07/08/2017 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

“¡Victoria en Lommel! otro sueño hecho realidad”, escribiu no seu twitter. En terras belgas, na súa segunda casa, onde se asentou coa súa familia hai xa cinco anos para progresar e ser o mellor, no circuíto máis difícil do Mundial, o lucense Jorge Prado, de 16 anos, acadou a súa segunda vitoria no Gran Premio de Bélxica de MXGP, na 11ª proba do Campionato do Mundo.

O lucense Jorge Prado, no alto do podio en Lommel.
O lucense Jorge Prado, no alto do podio en Lommel. | Fonte: JP Acevedo

O piloto galego de motocrós fixo unha impresionante exhibición de pilotaxe na segunda manga e acadou a segunda vitoria, despois da conseguida en abril no Gran Premio de Trentino (Italia), e cumpriu co soño de vencer en Lommel.

Prado foi segundo na primeira manga por detrás do seu compañeiro de equipo e líder da categoría Pauls Jonass, pero na segunda, sobre a complicada area de Lommel onde é un consumado especialista, o piloto galego ofreceu unha exhibición de talento, marcou a volta rápida e impúxose con claridade os seus rivais para acadar o seu segundo triunfo.

A Jorge Prado sentáronlle ben as vacacións en Lugo a mediados de xullo para recargar pilas. “Sempre soñei con gañar en Lommel, na pista máis difícil do Mundial. Traballamos duro para recuperar a forma e despois das vacacións en Lugo, adestramos moito e os resultados chegan”, afirmou un emocionado Jorge Prado que, a falla de cinco probas, sobe ata a sétima praza da clasificación xeral do Mundial. A vindeira cita, a próxima fin de semana en Suíza.

Jorge Prado, soño cumprido en Lommel.
Jorge Prado, soño cumprido en Lommel. | Fonte: @jorgeprado61
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Berlinda

Yo la verdad que llevo 4 noches con el tema de soñar con motociclismos y con estos seres, también el soñar con billetes es otros de mis sueños recurrentes y es que una cosa lleva a la otra, estos fieras están ganando mucho dinero. Enhorabuena por ellos! :)