O xigante portugués de pasta de papel baralla comprar eucalipto en Galicia ante as dificultades en Portugal

The Navigator Company podería asentarse en Galicia e adquirir grandes plantacións de eucalipto para nutrir as súas industrias portuguesas. Esta empresa é unha das grandes de Portugal e xera 1.500 millóns de euros anuais de beneficio.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/08/2017 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

A actual reforma lexislativa do Goberno portugués tras o incendio de Pedrograo Grande está a provocar que as grandes empresas lusas do sector forestal miren a Galicia para mercar plantacións de eucaliptos e, entre elas, a gran industria do país, The Navigator Company.

A reforma portuguesa da lei forestal recolle a prohibición de plantacións desta especie foránea e só outorgará permisos en casos de "transplantes de áreas que están ecoloxicamente mal localizadas e que non son economicamente rendibles". Durante a presentación da normativa, o ministro Capoulas Santos explicou que non pretende "pór en cuestión a importancia que o eucalipto ten polo emprego que representa nin polas exportacións que representa", pero suliñou que esta industria debe realizarse "con menos área". A reforma está pactada co partido Os Verdes.

Estas restricións levaron ao gran xigante portugués da pasta de papel, The Navigator Company, herdeira da Companhía Portuguesa de Celulosa, de "olhar para outras fontes de floresta e de madeira fora de Portugal, diferentes das que hoje utiliza”. "E uma base forte está no norte de Espanha, na Galiza”, indicaron fontes da empresa consultadas polo Jornal de Negócios.  

Unha das plantas de tratamento de papel que The Navigator Company ten en portugal
Unha das plantas de tratamento de papel que The Navigator Company ten en portugal | Fonte: mundopapel.com

Nova estratexia empresarial

O presidente executivo da empresa de pasta de papel non ocultou esta nova estratexia empresarial na presentación dos resultados do primeiro semestre do ano. Diogo da Silveira dixo que a aposta da empresa está agora en Galicia. "Poderemos ter mais em Espanha e menos em Portugal”, dixo. “Queremos ter mais em Espanha para diversificar e a produtividade lá também é elevada”, indicou.

"De acordo com a reforma da floresta quem quiser plantar uma nova área de eucalipto, numa zona definida, tem de recuperar e identificar uma área de eucalipto que não esteja com bons níveis de produtividade, arrancar o que lá está e deixar o terreno em condições e para utilização agrícola ou pecuária ou então fazer imediatamente uma nova plantação de uma nova espécie que não seja o eucalipto", explican en Portugal.

Con todo, Portucel, como se chamaba anteriormente a The Navigator Company seguirá mantendo explotacións en Portugal.O propio Diogo da Silveira garantiu que “deter terra em Portugal é importante porque é uma segurança, uma reserva, ajuda a gerir ‘stocks'”, sendo também relevante por permitir desenvolver boas práticas e transferi-las”.

Unha das grandes industrias de Portugal

The Navigator Company é hoxe unha das máis fortes presenzas de Portugal no mundo da celulosa e un dos maiores produtores mundiais de carpeta branca de eucalipto (BEKP) e papeis finos non revestidos (UWF). As súas actividades baséanse en tres complexos industriais de grande escala. Esta empresa ten 120.000 hectáreas de bosque e construíu o maior viveiro de eucaliptos de Europa. Algúns destes proxectos poderían trasladarse a Galicia.

Ten unha capacidade de produción de papel de 1,6 millóns de toneladas/ano, de 1,4 millóns de toneladas ano de carpeta de eucalipto (sendo 80% integrada na produción de papel) e xera cerca de 2,5 TWh/ano de enerxía. O seu volume de negocios é de 1.500 millóns e ten como principais mercados Europa (77%) e América (9%).

Plantación de eucaliptos en Portugal
Plantación de eucaliptos en Portugal | Fonte: CG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

7 anonimo

Canto máis eucaliptos, máis feos somos. Viva o feísmo.

6 anonimo

Canto máis eucaliptos, máis feos somos. Viva o feísmo.

5 Forestal

Retranca chea de ignorancia nas túas verbas de galeguista de asfalto. Culpar unha especie de ser a causante dos incendios e non ter ni idea do monte e as súas características. O monte arde principalmente porque lle plantan lume e sobre todo onde non da cartos. Había moito eucalipto en Verín verdade? Canto arde na mariña luguesa? E no centro de Galicia (de Coirós a Touro e de Vilalba a A Baña)? Zonas produtoras de eucalipto. Non por moito repetir unha mentira se fai verdade. Ide ti e máis os adegueiros de cidade para a praia e deixade aos do rural traballar e sacar adiante o noso medio.

4 barbacoa a asasina

Verbas bonitas da untada da malicia e do pepeiro, mais estudios sintematicos da universidade de santi-AGE de componendas indican que o eucalipto e planta INIFUGA... o eucalipto non arden, repelen as lapas, xa que e folla de auga (eucalipto) e autentica planta bombeira do bosque ecuatotropical do setemtrional boreal... os deixo cunhas imaxes de outro incendio en outro lado - https://www.youtube.com/watch?v=fnL...

3 Gamela

interesente artigo que anticipa unha nova privatización do rural galego !!! http://www.galiciaconfidencial.com/... Coa excusa de loitar contar os lumes, imos ter que talar tódolos piñeiros a carón das casas (30 metros arredor!) e senon chegarán as multas administrativas para VENDER a baixo prezo as leiras a monte de Galicia !!! E Verdes e ecoloxistas a APLAUDIR ? Feijoo acaba de montar xa o chiringuito de Xestión Forestal de Galicia (madeireiras ao fondo!) independente do chiringuito de loita contra o lume ???

1 Aldeano da aldea

Iso leva en vigor desde o 2012 coa Lei de Montes de Galiza e ista á súa vez baixou a distancia de 50 a 30 m do Decreto de incendios do 2006 que aprobou o bipartito. Por favor infórmate antes de falar que no rural xa sabemos todo iso.

2 Aldeano da aldea

Por certo, o artigo de Serafín Pazos ten tantas mentiras como descoñecemento do funcionamento da maioría das comunidades de montes e da lexislacion que se lles aplica. Este señor nótase que non vive do monte e que é un deses ecoloxistas de cidade que pensa que os do rural temos que ter xardíns para o seu disfrute. Deixádenos tranquilos.

3 Gamela

Desculpa o meu descoñecemento desa Lei de Montes e de tódalas demáis leis que seica nunca serven máis que para cobrar/pagar (catastrazo) ? Pero o que sí sei é que en Galicia se facemos isto "Dende os 10 ata os 30 metros: non pode haber mato, nin piñeiros, nin eucaliptos nin mimosas, especies todas elas que se considera que arden máis facilmente. O resto das árbores (carballos, castiñeiros..etc) deben estar ben separadas entre si." Se estas normas van adiante Galicia convértese nun DESERTO antes de 10 anos !!! E se aos carballos dalles por estar arrimados e non espallados? // e se temos un viciño con ganas de facernos a puñeta? (iso seguro!) // http://www.campogalego.com/forestal... Se o artigo de Serafín Pazos está mal gostaríame coñecer cales son os ERROS cometidos para saber de onde nos vén o MAL !!! (de Feijoo case seguro!)