O xigante portugués de pasta de papel baralla comprar eucalipto en Galicia ante as dificultades en Portugal

The Navigator Company podería asentarse en Galicia e adquirir grandes plantacións de eucalipto para nutrir as súas industrias portuguesas. Esta empresa é unha das grandes de Portugal e xera 1.500 millóns de euros anuais de beneficio.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/08/2017 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

A actual reforma lexislativa do Goberno portugués tras o incendio de Pedrograo Grande está a provocar que as grandes empresas lusas do sector forestal miren a Galicia para mercar plantacións de eucaliptos e, entre elas, a gran industria do país, The Navigator Company.

A reforma portuguesa da lei forestal recolle a prohibición de plantacións desta especie foránea e só outorgará permisos en casos de "transplantes de áreas que están ecoloxicamente mal localizadas e que non son economicamente rendibles". Durante a presentación da normativa, o ministro Capoulas Santos explicou que non pretende "pór en cuestión a importancia que o eucalipto ten polo emprego que representa nin polas exportacións que representa", pero suliñou que esta industria debe realizarse "con menos área". A reforma está pactada co partido Os Verdes.

Estas restricións levaron ao gran xigante portugués da pasta de papel, The Navigator Company, herdeira da Companhía Portuguesa de Celulosa, de "olhar para outras fontes de floresta e de madeira fora de Portugal, diferentes das que hoje utiliza”. "E uma base forte está no norte de Espanha, na Galiza”, indicaron fontes da empresa consultadas polo Jornal de Negócios.  

Unha das plantas de tratamento de papel que The Navigator Company ten en portugal
Unha das plantas de tratamento de papel que The Navigator Company ten en portugal | Fonte: mundopapel.com

Nova estratexia empresarial

O presidente executivo da empresa de pasta de papel non ocultou esta nova estratexia empresarial na presentación dos resultados do primeiro semestre do ano. Diogo da Silveira dixo que a aposta da empresa está agora en Galicia. "Poderemos ter mais em Espanha e menos em Portugal”, dixo. “Queremos ter mais em Espanha para diversificar e a produtividade lá também é elevada”, indicou.

"De acordo com a reforma da floresta quem quiser plantar uma nova área de eucalipto, numa zona definida, tem de recuperar e identificar uma área de eucalipto que não esteja com bons níveis de produtividade, arrancar o que lá está e deixar o terreno em condições e para utilização agrícola ou pecuária ou então fazer imediatamente uma nova plantação de uma nova espécie que não seja o eucalipto", explican en Portugal.

Con todo, Portucel, como se chamaba anteriormente a The Navigator Company seguirá mantendo explotacións en Portugal.O propio Diogo da Silveira garantiu que “deter terra em Portugal é importante porque é uma segurança, uma reserva, ajuda a gerir ‘stocks'”, sendo também relevante por permitir desenvolver boas práticas e transferi-las”.

Unha das grandes industrias de Portugal

The Navigator Company é hoxe unha das máis fortes presenzas de Portugal no mundo da celulosa e un dos maiores produtores mundiais de carpeta branca de eucalipto (BEKP) e papeis finos non revestidos (UWF). As súas actividades baséanse en tres complexos industriais de grande escala. Esta empresa ten 120.000 hectáreas de bosque e construíu o maior viveiro de eucaliptos de Europa. Algúns destes proxectos poderían trasladarse a Galicia.

Ten unha capacidade de produción de papel de 1,6 millóns de toneladas/ano, de 1,4 millóns de toneladas ano de carpeta de eucalipto (sendo 80% integrada na produción de papel) e xera cerca de 2,5 TWh/ano de enerxía. O seu volume de negocios é de 1.500 millóns e ten como principais mercados Europa (77%) e América (9%).

Plantación de eucaliptos en Portugal
Plantación de eucaliptos en Portugal | Fonte: CG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

2 SóGalego

É o modelo colonial, alí as auxiliares da citroen, aqui o eucalipto, alí o aeroporto central e aqui os secundarios,alí a lingua, aqui o dialecto, etc... este é o plan dos portugueses e do nacionalismo galego pra Galicia. Hai que loitar contra isto.

1 Balbino Fernández

O modelo bueno é o da dependencia de Madrid: AP9 e portos importantes do Estado, localismo que impida a coordinación dos aeroportos, AVE sen medidas de seguranza, pagar máis polo combustible aturando a refinería, impostos a pagar en Madrid, modelo do castelán para o galego... este é o plano do nacionalismo español para Galiza. Hai que deixar que mexen por nós.

2 SóGalego

É peor Portugal, subvenciona ilegalmente e con diñeiro público a deslocalización, o dumping, o crecimento do aeroporto de Sá Carneiro a costa dos galegos, mete o leite excedentario e arruina o campo galego, etc.. Pero non se trata que sexan peores ou millores, tratatase de que non queremos o modelo colonial portugués, nin o español, e que portugueses e españois perxudiciais por igual.

3 Balbino Fernández

Podes mentir mellor: Portugal é deficitario en lacticinios, o leite galego (Lence) véndese como marcas brancas nos supermercados portugueses (Continente), os queixos galegos están nos lineais (Belita)... A incompetencia e localismo non é culpa do Porto (pregúntalle a Caballero). O problema da industria galega non é Portugal, xusto o contrario: http://www.sermosgaliza.gal/opinion... Infórmate antes de predicar falsidades, ou procura axuda contra os prexuizos raciais.

4 Só Galego

Non mintas, Portugal ten excedente de leite líquido e o coloca en Galicia. Caballero pode ser un localista pero non da subvencións que sexan ilegais. O aeroporto de Sá Carneiro non pode ter subvencións polo seu gran número de pasaxeiros (subvención só pra aeroportos pequenos) e subvenciona ilegalmente pra acabar co sistema aeroportuario galego. E mira todo o leite que entra en Galicia (o oficial) procedente do excedente portugués: http://www.campogalego.com/leite/ga...

5 Balbino Fernández

Medias verdades, Portugal tamén importa: http://observador.pt/2016/03/17/pro... Seguro que o problema son os portugueses ou son compartidos: https://aprolep.wordpress.com/comun... Lence, o explotador, é portugués? A área metropolitana do Porto ten igual de habitantes que toda Galiza, e a Região Norte 3,7 millóns, aeroporto internacional e recoñecido destino turístico... Non estás comparando entre iguais, aquí son tres, malevados e con liñas deficitarias escandalosamente untadas. Outra cousa é precisar dun enemigo exterior para xustificar a incapacidade propia. O cheiro racial pode curarse, faite mirar.

6 Só Galego

Minte o que queiras, as 116 cisternas de leite portugues detidas en Galicia estan aí, a sorte que temos os galegos é que o BNG vai desaparecer, e non voltaran a facer das súas como a súa consellería de medio rural (suarez canal) negociando pra que "leite celta" fose mercado polos portugueses pra meter o seu excedente, e o dumping e as subvencións a aeroportos de máis de 3 millóns de pasaxeiros son ilegais, agora arrastrate o que queiras, que non o vas cambiar.

7 Failde

A paranoia anti-lusa! Vai aos números(INE), son públicos: Portugal importa de España tres veces máis do que exporta, e aínda vai ser o problema Portugal? Grazas ás importacións de alimentos por parte de Portugal, seguen traballando produtores e industria galega! Grazas á distribución, ao mercado e ao consumo portugués! Sen contrastar datos, atendendo só ao que conta unha parte moi parcial, estás nas nubes. Igual tampouco che interesa baixar, con preconceitos e prexuizos raciais, como che dixeron, estás máis cómodo, xunto coa teima anti-BNG, para iso non teño resposta (non paga a pena esforzarse). Que sexas feliz na túa frontera mental que a política xa foi!

8 nunca portugués serei

O nacionalismo galego é patético, a guerra económica que fai portugal é peor ca de españa, os laca ios de portugal sodes tres.

1 Forestal

Pois benvidos sexan. É unha empresa con unha magnífica xestión medioambeintal e moi profesional no sector que dinamizaría aínda máis o sector forestal. Ademais de asentarse como receptora de madeira con parques terrestres e nos portos (xa se atopa presente en Coruña, A Susana...) se se lles dese por crear unha planta de transformación en Galicia sería un pulo importantísimo ao rural. Boa nova.

1 txourizospepososnon

Xa podes esperar sentado a que instalen unha fábrica...