Temas: CCOO

CCOO gaña unha sentenza a Eulen no servizo da axuda a domicilio de Narón

A empresa deberá actualizar os salarios do persoal, conxelados desde o 2013.

Por Galicia Confidencial | Narón | 08/08/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Federación de Construción e Servizos de CCOO gañou unha nova sentenza que mellora as condicións laborais no sector da axuda domiciliaria. Neste caso, a resolución xudicial obriga a empresa Eulen, concesionaria deste servizo en Narón, a actualizar os salarios do persoal, conxelados desde o 2013.

Sede do grupo Eulen
Sede do grupo Eulen

CCOO, que saúda a sentenza,  critica tamén ao Concello naronés por permitir que a empresa incumprise as obrigas salariais, “algo que debera ser motivo de sanción”, critica o sindicato. Neste sentido,  Alejandro Bello, responsable comarcal da Federación, asegura que se intentou negociar coa concesionaria durante “moitos meses”, sen que Eulen dera “nin un só paso”. Pola súa parte, as delegadas de CCOO insisten en que a empresa incumpre gran parte do convenio colectivo en vigor e a Lei de prevención de riscos laborais.

Este sindicato apunta nun comunicado que esta sentenza súmase a outras máis que melloran de xeito substancial as condicións laborais no servizo de atención domiciliaria (SAD) de Galicia, sector no que a maior parte do persoal son mulleres.

Por iso salienta que está a dar “importantes froitos” a campaña de denuncia que leva a cabo a Federación de Construción e Servizos por todo o país. “Só uns días atrás coñecíase outra sentenza, neste caso contra a concesionaria do SAD de Pontevedra, Clece, que deberá actualizar salarios e cotizacións a máis da metade do seu persoal, o que podería representar medio millón de euros”, lembra.

Temas: CCOO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta