Dúas antucas, entre o lixo que deixan os visitantes no fondo mariño das Cíes

Os científicos que traballan no Proxecto Hippoparques atoparon parasoles entre os restos que se tiran en augas do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/08/2017 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

O paraíso do fondo mariño das illas Cíes agocha tamén pegadas humanas que alteran este espectacular e protexido ecosistema. Submarinistas do Proxecto Hippoparques que se desenvolve no Parque Nacional das Illas Atlánticas, en Galicia, e no Parque Nacional do Arquipélago de Cabrera, nas Illas Baleares, atoparon nas súas exploracións toda unha variedade de restos de lixo, incluídas dúas antucas.

Un mergullador do Proxecto Hippoparques recolle un parasol no fondo mariño das illas Cíes
Un mergullador do Proxecto Hippoparques recolle un parasol no fondo mariño das illas Cíes | Fonte: Proxecto Hippoparques.

"Durante a nosa procura estival de signátidos atopamos nos fondos o rastro que deixan os visitantes estivais ás illas e, aínda que pareza sorprendente, atopámonos dúas antucas, xunto con outra variedade de residuos", explican os científicos que traballan no Proxecto Hippoparques, coordinado polo Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo para o estudo da distribución, o hábitat, va ariabilidade espazo-temporal, a estrutura xenética e as características tróficas das poboacións de signátidos no Parque Nacional das Illas Atlánticas..

Precisamente estes mesmos científicos aportaron o pasado ano a primeira referencia documentada de cabaliños de mar nas illas Cíes, un fito dado en exclusiva por Galicia Confidencial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta