Experiencia para unha debutante

A mugardesa Belén Toimil, 26ª no peso en Londres cun mellor lanzamento de 16,38 metros, lonxe da súa mellor marca, e que pecha a participación de Galicia nos Mundiais de atletismo.

Por gcdeportes | Ferrol | 09/08/2017 | Actualizada ás 09:06

Comparte esta noticia

Galicia rematou a súa participación no Campionato do Mundo de atletismo en Londres coa participación da mugardesa Belén Toimil na cualificación do lanzamento de peso, na que acadou un mellor lanzamento de 16,38 metros.

Belén Toimil, 26ª do mundo cun lanzamento de 16,38m.
Belén Toimil, 26ª do mundo cun lanzamento de 16,38m. | Fonte: @atletismoRFEA

“No salió como yo quería. Me di cuenta de que no es lo mismo lo que piensas que va a ser, que luego ya estando en el estadio. Algo me llevo de este campeonato en ese aspecto”, relatou á RFEF a mugardesa, recoñecendo a súa pequena decepción polas “marcas baixas” para o estado de forma no que chegaba a Londres, tras acadar o mes pasado un novo récord galego cun lanzamento de 17,38 metros.

Na sempre difícil cualificación, con tan só tres lanzamentos, Belén estreouse con 16,20m, no segundo foise ata os 16,38m e pechou a súa participación cun nulo, para acabar no posto 26º entre as participantes (chegaba coa 28ª mellor marca). “En el último fui a arriesgar, porque llevaba 16,38, que es con lo que me quedé, pero no salió como esperaba e hice un nulo. Con ganas ya para el año que viene porque esto no puede quedar así”, apuntou a mugardesa, afincada en León, do Playas de Castellón.

Aínda así, Belén Toimil foi a mellor das dúas partipantes hispanas, xa que Úrsula Ruíz, recente récord de España con 18,28m, quedouse en tan só 16,20 metros, con problemas físicos nunha man. A clasificación para a final (as 12 mellores) estivo nos 17,79 metros da brasileira Geisa Arcanjo, sendo a mellor da cualificación a chinesa Lijiao Gong, con 18,97m.

Remata deste xeito a participación galega en Londres, coa presenza de tres atletas que debutaban nun Mundial absoluto ao aire libre: Solange Pereira, décima na súa serie dos 1500ml cun tempo de 4:06.63; Ana Peleteiro, sétima do mundo en triplo salto con récord galego (14,23 metros) e Belén Toimil, 26ª mundial cun lanzamento de 16,38m.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta