Pontevedra, o concello con máis pobreza de Galicia, un 28%, segundo un informe

Despois desta cidade estarían Vigo cun 27,7%, Lugo cun 27,2% e Ferrol cun 26,4%. Ourense sería a que máis incrementou os índices de pobreza entre 2009 e 2015.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 09/08/2017 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

Pontevedra é o municipio galego de máis de 50.000 habitantes que rexistra o maior índice de 'pobreza ancorada', segundo un estudo realizado pola consultora AIS Group que analiza a situación da poboación en risco de pobreza respecto dun indicador de 'pobreza ancorada' a 2009. 

Especial pagado polo Concello de Pontevedra no xornal La Voz de Galicia
Especial pagado polo Concello de Pontevedra no xornal La Voz de Galicia

Segundo o informe, en 2015 habería ao redor dun 28% de persoas nesta localidade residindo en fogares que en 2009 estaban considerados en risco de pobreza. Isto é un 6,5% máis do que se consideran segundo o limiar de 2015.

Por outra banda, os municipios que rexistran maior taxa de 'pobreza ancorada' tras Pontevedra, son Vigo cun 27,7%, Lugo cun 27,2% e Ferrol cun 26,4%. No entanto, o municipio galego con maior diferencia entre a de taxa de poboación en risco de pobreza de acordo ao limiar de 2015 (17,4%) e a taxa de pobreza ancorada a 2009 (25,8%) é Ourense. Isto é un 8,48% máis con respecto ao 2015, subindo á quinta posición do ranking de pobreza ancorada dos municipios galegos de máis de 50.000 habitantes.

Índice de pobreza e 'pobreza ancorada'

A taxa de poboación en risco de pobreza que se publica periodicamente calcúlase en base aos ingresos medios dos fogares declarados na enquisa de condicións de vida do mesmo ano, polo que se as rendas familiares en media caen, o limiar de pobreza será máis baixo. Illando outros posibles efectos reflectiría que hai menos familias en situación de risco. 

Polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense
Polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense | Fonte: googlemaps

A 'pobreza ancorada', en troques, observa as variacións na taxa de pobreza da poboación deixando fixo o limiar de pobreza dun ano determinado, actualizándoo coa variación do IPC dos anos do período que se quere analizar. “Deste xeito, pode comprobarse como evoluciona a porcentaxe de poboación en risco de pobreza ao longo do tempo baixo un mesmo limiar, o que dá unha idea menos relativa ou variable da situación”, comenta Agustí Amorós, director de desenvolvemento de negocio de AIS Group.

O equipo de data scientists de AIS Group realizou unha análise que calcula a taxa de poboación en risco de pobreza ancorando o limiar nos niveis de 2009, un ano en que os ingresos medios dos españois aínda non acusaran as consecuencias da crise. Ese ano a renda media segundo o INE situouse en 30.045 euros por fogar e a taxa de poboación en risco de pobreza era do 20,4%. En 2015 o nivel medio de ingresos das familias españolas foi un 15,2% inferior ao de 2009, pasando de 30.045 euros a 26.092 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

8 Guillerme Gintonic

Pero hai touradas subvencionadas polo Concello de Pontevedra

7 Fada-lobo

E quen son os dese grupo que realiza a análise? Onde está o enlace co informe? Non vos explicaron coma redactar novas en Xornalismo? Por outra banda, vexo que entre determinados sectores que comentan aquí o único importante é algo "co que atacar" aos rivais ideolóxicos... En fin... Que tristeza de país e que peniña de xornalismo.

6 anonimo

Efectivamente. os de cortea do norte viven infinitamente mellor que os galegos. Proba deso é que non poden sair do país, e maniféstanse afervoados diante do líder supremo que lles guía a un radiante futuro. Os de corea do norte teñen infinitamente mais dereitos que os galegos, e viven moitísimo mellor. Ademais, gozan dun excelente sistema de reeducación polo traballo, cuns eficientes campos de concentración, onde disfrutan 200.000 coreanos. Hai xente que ainda cree nos sistemas fracasados.

5 republica sovietica

son as consecuencias da libre empresa e do capitalismo, propoño aniquilalos a todos, e instaurar un soviet! coma en corea do norde! si fixeramos o que temos que facer Galiza seria un estado socialista ceibe, un estado de traballadores e se recuperarían as liberdades nacionais, en canto os parasitos de todalas pelaxes que abondan mais co estramonio se ten que ser duro, moi duro... non e un.ha cuestión de cidade por cidade sinon de cidades dentro dun país, non vemos diferencias significativas entre un e outra, incluso vigo tendo mais industria ten tanta pobreza coma outras que non teñen, e un problema de redistribución da riqueza e decir de establecer o socialismo...

4 Val Miño

Un exemplo da xestión económica de UPG.