Por Galicia Confidencial | | 09/08/2017 | Actualizada ás 16:36
Tras ser interceptado no Antártico, a persecución rematou en augas de Sao Tomé, no golfo de Guinea, máis de 100 días despois. Na primavera de 2015, o arrastreiro ía ao fondo en sospeitosas circunstancias, pois o mar era bo, a tripulación abandonara o buque tranquilamente e tiña as comportas abertas.
De feito, tanto o capitán como o xefe de máquinas foron condenados a penas de prisión. O Thunder estaba na lista de varias organizacións internacionais que regulan a pesca polas súas prácticas irregulares durante anos. Para os ecoloxistas de Sea Sheperd, era o barco adicado a pesca ilegal máis famoso do mundo.
Quen está detrás de esta embarcación? Todos os fíos apuntan a armadores galegos. De feito, o Ministerio de Agricultura acaba de abrirlles expediente sancionador por pesca ilegal no marco da Operación Sparrow 2.
Nos próximos días GC presentará os resultados dunha investigación sobre os nomes que, detrás dunha maraña de empresas e bandeiras de conveniencia (por exemplo o Thunder levaba bandeira de Togo), tanto mal están a facer a imaxe da pesca do país.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.