As feiras do libro, de novo nunha polémica cun concello das mareas

As Feiras do Libro de Galicia, organizadas pola Federación de Librarías de Galicia, volven a ser protagonistas do debate político. Agora ao fío da Feira do Libro da Coruña, como sucedera hai dous anos coa Feira do Libro de Santiago.

Por Manuel Vilas | A Coruña | 10/08/2017 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Así, en Compostela o Concello reduciu a súa colaboración -non lle deu a subvención doutros anos- coa tradicional Feira da Alameda, argumentando que as librarías de Compostela a penas participaban descontentas co seu modelo.  Unha editora local, Urco, chegou a cualificar o modelo da Federación de “decimonónico, opaco e caciquil” e dixo que esta entidade “non representa a ninguén”. 

Inauguración a XLVI  Feira do Libro da Coruña
Inauguración a XLVI Feira do Libro da Coruña | Fonte: @bibcoruna

A Administración local de Santiago montou este ano unha feira para as librarías e editoriais locais na Praza da Quintana, a semana do libro, a SELIC, que tivo boa acollida entre público e negocios.

TRES PROGRAMAS PARALELOS NA CORUÑA

Na Coruña, onde se está a celebrar estes días a súa Feira, o Concello apoiou aos libreiros locais para crear unha programación anexa, na “Carpa das Librarías”, paralela á da Federación. Ademais, montou unha programación propia especializada nos máis cativos, o “Xardín dos libros”. 

Ao igual que en Santiago, o municipio argumenta que os axentes locais non estaban contentos coa tradicional Feira. Así, o concelleiro de Culturas do Concello da Coruña, José Manuel Sande, xustificou que se abrise  "un proceso participativo con libreiros da cidade" ante á "desconformidade por como se executaba estes últimos anos por parte da Federación a feira".

Presentación da Semana do Libro de Compostela no Concello
Presentación da Semana do Libro de Compostela no Concello

Na súa opinión, o modelo xestionado pola Federación está “esgotado” polo que se aumentou o investimento, por exemplo programando un espazo infantil integramente en galego. 

A libreira herculina, Ermitas Valencia, explica en Sermos que "desde finais do ano pasado viñámonos reunindo un grupo bastante amplo de librarías da Coruña nas que todo o mundo avaliaba negativamente a feira do libro que se facía sempre e na que a maioría de nós non participabamos porque non nos convencía o funcionamento".

Ese descontento concretouse na organización dunha programación propia apoiada polo Concello. Federación de Libreiros e municipio cúlpanse mutuamente de descordinación nas programacións.

Funcionou o modelo de varias programacións ao mesmo tempo? Está por ver a valoración final no que máis importa, a afluencia de público e vendas. O que é evidente xa é que xerou opinións encontradas.

O PRESIDENTE DOS EDITORES, CRÍTICO CO CONCELLO E A FEDERACIÓN

Manuel Bragado, presidente dos editores galegos, fixo público o seu “descontento”. O tamén responsábel de xerais aplaude que o Concello invista máis e dea espazo propio aos negocios locais; pero tíralle das orellas á Administración porque “creo a todas luces fóra de lugar é preparar nunha mesma feira dous programas distintos de actividades e arranxar dous espazos (a lata e a carpa) con moi diferente dotación de medios e comodidades, tanto para os oradores como para o público”. Bragado tamén é crítico co modelo de feiras da Federación de Librerías e pide a súa refundación coa colaboración de todos os axentes.

Son varios os escritores galegos que usaron as redes sociais e as súas bitácoras para mostrar o seu descontento co modelo deste ano na Coruña, ao que acusan de restar protagonismo á produción do país.

A Federación de Libreiros recibe anualmente unha subvención da Xunta de Galicia para as feiras que monta en diversas vilas e localidades. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

12 Librería

Invito a Galicia confidencial a pulsar la opinión de los libreros de Galicia y encontrarán la verdadera razón de la descoordinación en la organización. La Junta directiva de la Federación de Libreros no representa a nadie y menos al castigado colectivo de libreros. Sus cuentas son opacas y su única ambición es la poltrona y su proximidad al poder político. Fue invitada a elaborar un programa conjunto con el Concello para intentar cambiar el modelo de las ferias del libro y su postura en todo momento fue la de ser el gestor de esos fondos sin rendir cuentas. Esto se ha repetido en Lugo, santiago, Y ahora en Coruña.

1 anonimo

Deberiades denunciar esa descordinación e sobre todo pensar que o modelo que tedes xa é un pouco desfasado. Non fas nada vindo aquí a queixarte, actúa dentro das túas posibilidades. Se tes constancia desa opacidade debes denunciala coma supoño que saberás é o teu deber. Sinto ser tan clara pero é que xa estamos fartos de defensores das Mareas defendendo o indefendible e non podemos saber se é o teu caso ou en realidade es quen dis ser... A total falta de crítica das Mareas, o seu minifundismo ideolóxico e ese grupiño de fans que aquí descualifican a todos os que a critican coma ves, se dis quen dis dicir, non favorecen a ninguén.

11 Dudu

Despois de ler a crónica de Eli Rios, pouco se pode engadir. As Mareas non se preocupan polo galego, as do Concello da Coruña\Ayuntamiento de A Coruña menos aínda (nin agora coas Mareas nin antes co bipartito, onde o BNG só lle interesou colocar e tragar, coma sempre, e nin os grandes letreiros de Ayuntamiento de La,la,la... , nin os centros de topónimos deturpados: Arteijo, El Parrote, La Grela, Lavedra... ). Os do BNG xa poden pedir disculpas polos pecados cometidos antes de falar, e os das Mareas mudar ou deixar a política de castas na que están entrando. Para facer o mesmo que o PPsoE non facedes falta!

10 Eu mesmo

Presentación dun libro as 7 do serán na feira da Coruña. Caseta metálica achegado ao casino. Unha calor que se morría dentro. Mentras se facía a presentación nunha carpa que está uns 20 metros hai unha actividade para crianzas na que os animadores vocéan con megáfonos e non deixar ouvir a presentación do libro. Antes das oito meténdolle presa ao autor e os dous presentadores para que rematasen e deixasen a caseta a outros. O autor que ten que asinar na oficina que tamén se morre coa calor e ten que sacar mesa e cadeira para a praza. En fín. Hai motivo para as queixas?. Sí!.

9 Fada-lobo

Non creo que sexa tan difícil. O que pasa é o de sempre: é moi fácil amañar o mundo sentado nunha cafetería cos compisguais pero cambiar a realidade esixe esforzo. E se tes uns votantes ultrafieis como os de Podemos-Mareas que sempre xustifican os erros e buscan culpas fóra, pois é difícil cambiar. Imos mal... Pero a quen lle importa?

1 Fada-raposa

Con el Beneguai se vivía mejor, verdade Kollona?

2 Fada-lobo

Ti seguro. A min dáme igual. Eu son libre e non obedezo normas partidistas. Si é certo que son de esquerdas e que o bipartito me pareceu o mellor goberno que tivo Galicia ata o momento. Con respecto ao goberno do BNG nas cidades ou a outros bipartitos os resultados son dispares. Hai algúns e houbo mediocres como os das Mareas e outros realmente cambiaron e cambian a vida dos cidadáns. Vexo que seguides cos insultos machistas... En fin, o que sementa cardos recolle espiñas e o que sementa rosais recolle rosas. Eu adoro as rosas e a liberdade. E con respecto aos partidos fago miña as palabras da Traviata: sempre libera. https://www.youtube.com/watch?v=ONN...

8 Fada-lobo

E certo que as Feiras do Libro deberían mudar moito para se converter en eventos culturais nos que a través de actividades lúdicas diversas (concertos, contacontos, teatro...) se atraera aos cidadáns. Ademais, para os que somos lletraferits, as casetas tal e coma están concibidas son incómodas, xa que non tes acceso aos libros e en numerosos casos tes que aturar a un libreiro empeñado en venderche algo ou a alguén que non semella ter interese en vender... O Culturgal é un exemplo de bo facer. Trátase de atraer xente e facer accesibles os libros. E incomprensible que ademais non se aproveite doutra maneira os fermosos entornos nos que algunha se sitúan (como A Coruña e Santiago). A ver, só se trata de imaxinación para atraer aos non lectores e de facilitar o acceso aos libros para os lectores...