Surfeando ondas xigantes na Costa da Morte

A finais de 2014 algúns dos mellores surfeiros internacionais desprazáronse ata Galicia perseguindo unha marusía que ía golpear a famosa Costa da Morte e producir ondas xigantes.

Por Galicia Confidencial | | 10/08/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Galicia é unha das paradas obrigadas do surf internacional. Nas súas costas teñen estado os mellores surfeiros do mundo na procura da onda perfecta.

Un surfeiro colle unha onda xigante na Costa da Morte
Un surfeiro colle unha onda xigante na Costa da Morte

E ondas perfectas, ou case perfectas, foron as que atoparon a finais de 2014 algúns dos mellores surfeiros internacionais de ondas xigantes que se desprazaron ata a Costa da Morte perseguindo unha gran marusía.

Este grupo de surfeiros estaba liderado por Axi Muniain acompañado por Jerome Sahyoun, Greg Rabejac, Bastien Bonnarme, Pablo Garcia, Indar Unanue, Nic Von rupp, Andrew Cotton e Sebastian Steudtnet. Este vídeo de Surfmarket mostra imaxes inéditas do que pasou ese día grazas ao traballo de gravación e edición de Ángel Fotosplino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta