Temas: A CORUñA CóMIC

Galicia, un referente do cómic de autor da Península Ibérica

Autobán acada a súa sétima edición cun programa no que estarán proxectos e ilustradores autoeditados de Portugal, Castela e Levante.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/08/2017 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Autobán, o festival coruñés de cómic autoeditado alcanza este agosto a súa sétima edición, despois de ter celebrado tres edicións de verán e outras tantas de inverno. Contará con nomes habituais no panorama galego, tanto mozos como sinaturas consagradas, aos que se sumarán promotores de proxectos autoeditados desde Portugal, Castela e Levante.

Combate entre ilustradores na anterior edición do Autobán, a feira do cómic autoeditado da Coruña
Combate entre ilustradores na anterior edición do Autobán, a feira do cómic autoeditado da Coruña

Nesta ocasión serán medio cento de creadoras e creadores inscritos os que porán á venda as súas novidades no encontro, que ademais contará con palestras, presentacións, edicións exclusivas, mostras e o célebre Combate de Debuxantes.

Autobán é a festa dos autores e autoras de banda deseñada que publican os seus propios traballos. Nos últimos anos sitouse como un punto de referencia inexcusable na Península Ibérica para os amantes dos fanzines, do cómic independente e das novas xeracións de valores, que encontraron no evento coruñés unha lanzadeira ideal e un punto de confluencia caracterizado polo bo ambiente. 

Autobán 2017 terá lugar este venres 11 e o sábado 12 de agosto. O primeiro día na Nave 1839, na coruñesa estación de ferrocarrís de San Cristobo, e o sábado en catro locais próximos entre si da céntrica rúa do Orzán. Desta volta, coincide coas festas da cidade, e especialmente co Noroeste e con Viñetas desde o Atlántico. 

Temas: A CORUñA CóMIC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta