O Obra xa está completo

O ala-pivote estadounidense Ben Simmons, un tirador de 2,03 e 26 anos procedente do Linburg belga, pecha o plantel para a vindeira campaña do equipo compostelán, que regresa o vindeiro luns aos destramentos.

Por gcdeportes | Compostela | 10/08/2017 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Albert Sabat e Pepe Pozas como bases; David Navarro, Alberto Corbacho, Eimantas Bendzius, Martins Laksa e Matt Thomas no perímetro; e Nacho Llovet, Adam Pechacek, Nemanja Radovic, Artem Pustovyi… e, o último en chegar, Benjamin Simons, un ala-pivote de 2,03 e 26 anos procedente da Liga belga.

Ben Simons, nun partido da Europe Cup co Linburg belga.
Ben Simons, nun partido da Europe Cup co Linburg belga. | Fonte: fiba.com

Deste xeito, o Monbus Obradoiro pecha o plantel para o curso 2017-18 co anuncio da chegada de Ben Simons, o xogador número12º ás ordes de Moncho Fernández, un estadounidense especialista no tiro exterior.

Simons procede do Limburg United, onde promediou 11,4 puntos (62,5% en tiros de dos, 43,8% en triples e 74.4% en tiros libres) e 2,5 rebotes en 23 minutos en pista nos 39 partidos que disputou na Liga Belga. Na Europe Cup, os seus números foron 16,3 puntos e 1,7 rebotes.

“Fichamos un aleiro alto para o posto de catro pola súa capacidade para o lanzamento exterior, que é a principal cualidade que buscabamos neste xogador tendo en conta os outros xogadores interiores que temos. Ven facer unha labor de especialista, á que se terá que adaptar, para sumar para o equipo e facelo máis completo”, afirma José Luis Mateo, director xeral do club. Simons, nado en Michigan, desenvolveu a súa carreira universitaria en Drake, pasou ao básquet profesional no Walter Tübingen alemán e despois pola Liga belga: Port of Antwerp e Linburg.

O Obradoiro, que volverá os adestramentos o vindeiro lunes, contará na vindeira Liga ACB cun plantel metade continuista (Pepe Pozas, Corbacho, Bendzius, Llovet, Pechacek e Pustovyi) e a outra metade novas fichaxes (Sabat, Navarro, Martins Laksa, Matt Thomas, Radovic e Simons).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta