GC Aberto

Universitarios galegos constrúen unha escola en Uganda

13 mozos solidarios empregaron as súas vacacións na posta en marcha dun Programa de Apoio á Educación en Uganda e na construción dunha escola na zona de Kimbo (distrito de Gomba).

Por CMEstila | GC ABERTO | 14/08/2017

Comparte esta noticia

Esta iniciativa de voluntariado estivo organizada polo Colexio Maior Universitario A Estila  en colaboración con outras entidades como a ONG Cooperación Internacional e a entidade ugandesa responsable do soporte técnico Kelim Foundation.

Universitarios galego axudando a construír unha escola en Uganda
Universitarios galego axudando a construír unha escola en Uganda

Os universitarios realizaron varias accións solidarias en beneficio dunhas comunidades pobres que se algo teñen é simpatía e agradecemento para repartir. Estes mozos decidiron cambiar o sol e a praia por cemento e ladrillos, para mellorar as posibilidades educativas de neno e nenas dunha pequena aldea de África.

Os voluntarios pasaron en Uganda 3 semanas en Kimbo (Distrito de Gomba), a 80 km. de Kampala, capital de Uganda, traballando cun grupo de mozos ugandeses na construción e acondicionamento de escolas infantís.

Os beneficiarios directos do proxecto cífranse ao redor de 100 familias e 400 nenos do distrito de Gomba. De modo indirecto beneficiaranse máis de 8.000 persoas, entre nenos, novos e mulleres, desa zona próxima a Kampala.

O "Programa de Formación de Líderes Solidarios", que desenvolve o Colexio Maior A Estila complétase ao longo do curso académico con outras iniciativas tales como, visitar asilos da cidade, colaborar na escolarización e apoio de nenos inmigrantes, visitar os martes pola tarde a Escola Infantil do Hospital Clínico de Santiago, etc.

O grupo de voluntarios españois, ao que se sumarán outros mozos ugandeses, está integrado entre outros por Daniel Núñez, Javier Aranguren, Andrés González Alconchel, Felipe Alfaya, Rubén Mamede Cardoso, Iago Duarte, Omar  Alonso, Andrés González Dans, Mateo López Junquera e Alejandro Bellón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Argonauta

O Opus Dei facendo proselitismo Subsahariano.......en Musulmania..........o que hai que ver......