Temas: LUGO

Que é o que máis lle interesa aos lucenses dos seus políticos?

Unha de cada tres visitas ao Portal de Transparencia do Concello é sobre os enderezos dos membros do Goberno e datos biográficos da Corporación.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 11/08/2017 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Unha de cada tres visitas ao portal de transparencia do Concello de Lugo, www.transparenciaconcellolugo.gal, refírense aos enderezos electrónicos da Alcaldesa e dos concelleiros e concelleiras do Goberno e aos datos biográficos da rexedora e da Corporación Municipal. Ademais, destacan polas visitas a publicación das actas das Mesas de Contratación, seguida da composición, forma de desiganción e convocatorias deste órgano, así como a publicación da axenda institucional da Alcaldesa e a Relación de Postos de Traballo. 

Casa do Concello de Lugo
Casa do Concello de Lugo

Dende a posta en funcionamento desta ferramenta, o portal recibiu máis de 5.060 visitas, con 3.793 persoas usuarias distintas, que visitaron o portal cunha duración medida da sesión de 2 minutos e 26 segundos, vendo unha media de 2,96 páxinas. Por cidades dende as que se accede a este portal, encabeza o ránking Lugo, seguido de Madrid, Santiago de Compostela, A Coruña, San Petersburgo, Barcelona, Vigo, San Cugat del Valles e Samara.  

Neste novo portal, con acceso directo dende a web www.lugo.gal, a cidadanía pode atopar 78 entradas con información, estruturada en 6 grandes apartados sobre a Corporación, servizos, economía, contratación, urbanismo e obras, e medio ambiente.

Facilitar o acceso da cidadanía á información pública é un dos obxectivos da posta en marcha deste novo portal. Nesta liña, e segundo informa o Goberno Local, seguirase traballando para que este portal sexa “vivo e dinámico, como a vida do propio Concello, actualizándose constantemente os datos e a documentación que se vaia xerando día a día”. 

Temas: LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta