Temas: SOLIDARIEDADE

Universitarios galegos constrúen unha escola en Uganda

Os beneficiarios directos do proxecto cífranse ao redor de 100 familias e 400 nenos do distrito de Gomba.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 11/08/2017 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

Un grupo de 13 mozos universitarios galegos decidiron pasar as súas vacacións axudando a poñer en marcha un Programa de Apoio á Educación en Uganda, que inclúe a construción dunha escola na zona de Kimbo (distrito de Gomba).

Universitarios galego axudando a construír unha escola en Uganda
Universitarios galego axudando a construír unha escola en Uganda

Os voluntarios pasaron en Uganda 3 semanas en Kimbo (Distrito de Gomba), a 80 quilómetros de Kampala, capital de Uganda, traballando cun grupo de mozos ugandeses na construción e acondicionamento de escolas infantís. Os beneficiarios directos do proxecto cífranse ao redor de 100 familias e 400 nenos do distrito de Gomba. De modo indirecto beneficiaranse máis de 8.000 persoas, entre nenos, novos e mulleres, desa zona próxima a Kampala.

Esta iniciativa de voluntariado estivo organizada polo Colexio Maior Universitario A Estila en colaboración con outras entidades como a ONG Cooperación Internacional e a entidade ugandesa responsable do soporte técnico Kelim Foundation. Inclúese dentro do “Programa de Formación de Líderes Solidarios”, que desenvolve o Colexio Maior A Estila e que, segundo indica nun comunicado, complétase ao longo do curso académico con outras iniciativas como “visitar asilos da cidade, colaborar na escolarización e apoio de nenos inmigrantes, visitar os martes pola tarde a Escola Infantil do Hospital Clínico de Santiago, etc”.

Temas: SOLIDARIEDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antinostrus

O Opus Dei tendendo os seus tentáculos na Äfrica Subsahariana.....nin ao cipaiomononeuronal do (Porcus) Nostrus se lle ocorreria unha palanganada de tal calibre....non venderán unha escoba.....