Temas: TURISMO

O turista español elixe o norte para a ponte de agosto

Asturias, Navarra, Cataluña, País Vasco, Murcia e Galicia, con máis do 60% de ocupación, son as preferidas polo viaxeiro rural.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/08/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A Ponte de Agosto é unha data clave para o turismo rural en España. Un sector que este ano terá unha ocupación do 58%, catro puntos por baixo da de 2016 no conxunto do Estado. Unha situación que, con todo, é moi diferente no norte da península, onde a ocupación supera os datos do pasado ano, segundo un informe do portal Escapadarural.com.

Casa da Pedra, unha casa de turismo rural en Tomiño
Casa da Pedra, unha casa de turismo rural en Tomiño | Fonte: toprural.com

De feito, e segundo suliña esta web, os destinos preferidos polo viaxeiro para os próximos días son Asturias, cun 76%, seguida de Navarra (74%), Cataluña (68%), País Vasco (66%) e Murcia e Galicia, ambas as dúas co 65%.

No lado contrario atópanse os destinos de interior; Castela-A Mancha (36%), A Rioxa (37%) e a Comunidade de Madrid (40% de ocupación). “Datos que confirman que o turista sente máis atraído polo fresco do norte e a posibilidade de bañarse na praia durante este mes de agosto”, indica.

Preferencias do viaxeiro rural no verán

Neste sentido destaca que o máis demandado á hora de buscar casa rural para esta ponte é que estea preto da praia. Tamén se miran moito aloxamentos con piscina (65%), illados ou en zonas de montaña (61%).

Temas: TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta