Dimite o secretario da CRMH tras a creación da Xunta pro Devolución de Pazo de Meirás

"A CRMH non admitira presións de parte dos que traten de sacar rédito partidario da imprescindíbel unidade de acción nesa Xunta pro Devolución de Meirás", apunta esta entidade.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/08/2017 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

Fernando Souto, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), aceptou esta tarde a dimisión de Rubén Afonso Lobato como secretario da entidade. Lobato xa foi apartado de todas aquelas funcións que viña desempeñando até hoxe.

Segundo fontes consultadas por GC, esta baixa prodúcese logo das divisións xurdidas tras a creación da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás. Por iso, nun comunicado, a CRMH recorda que despois da reunión o pasado mércores día 9 na Deputación da Coruña na que se puxo en marcha a constitución da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás acordou levar adiante "todas as accións que atinxan ao Pazo de Meirás dentro desta Xunta coa necesaria coordinación co resto de participantes".

"A CRMH vén apoiando todas as iniciativas de institucións políticas, partidos e entidades memorialísticas coas que partilla obxectivos respecto do futuro do Pazo de Meirás, porén advirte que non admitirá presións de parte dos que traten de sacar rédito partidario da imprescindíbel unidade de acción nesa Xunta pro Devolución de Meirás", indica nun comunicado.
       
 

Integrantes da CRMH da Coruña no Pazo De Meirás
Integrantes da CRMH da Coruña no Pazo De Meirás

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Paleólogo

Como se nota que estamos en Agosto, carafio. A nova non conta nada, non aclara nada, non informa nada.