O persoal do Hospital do Salnés pide a apertura da terceira planta ante o aumento das urxencias no verán

A xunta de persoal da área sanitaria do Salnés presentou este venres a solicitude da apertura "inmediata" da terceira planta e o "reforzo" de persoal "en todos os servizos e categorías".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2017 | Actualizada ás 18:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A xunta de persoal da área sanitaria do Salnés presentou este venres a solicitude da apertura "inmediata" da terceira planta e o "reforzo" de persoal "en todos os servizos e categorías".

Esta petición está motivada polo aumento das urxencias durante o verán, "especialmente en datas sinaladas" --concretamente a Festa do Albariño, a Romaría Viquinga ou a Festa da auga--.

Segundo explicou o persoal sanitario nun comunicado, o verán supón un "aumento da presión" do servizo de urxencias do Hospital do Salnés, o que, "xunto ao peche da terceira planta", supón unha "reestruturación" no resto de servizos do centro.

E é que, de acordo ás súas cifras, no que vai de verán chegouse "nalgún momento" aos 165 pacientes atendidos, "cando a media anda polos 105".

A xunta do persoal denunciou que, nos últimos días, hai unha "ocupación elevada", tanto en urxencias como na primeira e segunda planta, "sendo necesario" baixar camas da planta pechada e tendo que asumir a "sobrecarga" de traballo que implica o aumento das camas.

Deste xeito, os sanitarios solicitan a apertura "inmediata" da terceira planta para poder ingresar desde urxencias aos enfermos que o precisen, posto que a situación actual "xoga á ruleta rusa" cos pacientes e "abusa da boa vontade" dos traballadores.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta