A Xunta cifra en 29 os incendios rexistrados de madrugada ao longo desta fin de semana

A conselleira do Medio Rural destaca o traballo dos efectivos anti incendios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2017 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A Xunta denunciou a "elevada actividade incendiaria" rexistrada nas madrugadas deste fin de semana, nas que se contabilizaron un total de 29 incendios declarados entre as 22,00 horas e as 7,00 horas.

Incendio en Santiago de Compostela
Incendio en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

A través dun comunicado difundido este domingo polo Executivo autonómico, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, enxalzou "o alto grao de compromiso e eficacia para facer fronte ao desafío que supón a actividade incendiaria".

Segundo a Xunta, 21 dos 29 incendios rexistrados de madrugada, cando os medios áereos non poden actuar, "quedaron reducidos a conatos", é dicir, non afectaron a máis dunha hectárea.

A continuación, o Executivo galego asegura que o tempo medio de reacción fronte a un lume situouse "ao redor dos 20 minutos". Ademais, denuncian que os incendios se declararon "con varios focos simultáneos en puntos próximos".

Así, puxo como exemplo o "paradigmático caso" do Concello de Agolada (Pontevedra), onde "chegou a haber ata dez lumes en apenas 24 horas", dos que "catro quedaron en conatos" e "só un" superou as 15 hectáreas de superficie afectada.

AGRADECEMENTO Aos PROFESIONAIS

Deste xeito, a titular de Medio Rural agradeceu o traballo "a todos os profesionais que loitan contra os incendios forestais en Galicia, tanto ao persoal da propia Xunta como dos corpos e forzas de seguridade do Estado, Exército e Protección Civil".

Por último, tras emprazar á cidadanía a denunciar aos incendiarios, lembra que a época de perigo alto de incendios esténdese do 1 de xullo ao 30 de setembro, un tempo no que estarán despregados na comunidade "unhas 7.000 persoas para loitar contra o lume".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Aldeano da aldea

Canto tardarán os de sempre en sair a dicir que é culpa do eucalipto arde máis de noite e se inflama só a partir das 2 da madrugada? E refutarano cun estudio dun benegallo ou mareante de taberna.

1 aldeano PPailan

o alcalipto arde moito, esta cheo de aceites moi inflamables, as cortezas desprendese do tronco e van ardendo a caer en medio das finca ou das casas, e arbore - PPiromano- que favorece o PPiromano aldeando da aldea da PPoPPuleta forestal- xa cheira a fume, xa cheira a churrasco forestal, o alcalipto esta espallado pola xunta despois nas áreas de gran queimazon sobrevuela o helcioptero do 113 sementando as sementes do alcalipto, as tiran con sacos de 70 quilos, si son os mesmos helicópteros que soltan os lobos polo monte, en plan medio ambiente, e eu preguntome que pasa co toxo??? porque non se fai un plan de recuperación do noso picudiño!!!!

2 Aldeano da aldea

Para aldeano PPailan. Comentario moi ao nivel de que o fai, faltouche dicir a culpa de que arda e de Franco e do alzamento do 36 e xa terías o argumentario completo dos da tua calaña.