O plan de axudas para emigrados que queiran volver a Galicia a crear unha empresa recibe 21 solicitudes

O plan de axudas da Xunta destinado a emigrados que desexen retornar a Galicia para iniciar un proxecto empresarial recibiu 21 solicitudes a mes e medio de que se peche o prazo de presentación, que finaliza o 29 de setembro.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2017 | Actualizada ás 19:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O plan de axudas da Xunta destinado a emigrados que desexen retornar a Galicia para iniciar un proxecto empresarial recibiu 21 solicitudes a mes e medio de que se peche o prazo de presentación, que finaliza o 29 de setembro.

Diso deu conta este domingo o Executivo autonómico a través dun comunicado, no que lembra que este programa, que contempla axudas de ata 8.000 euros, "xa deu impulso ata agora a 51 iniciativas".

Estas subvencións teñen como obxectivo promover a volta de "galegos do exterior" a través de axudas para que afronten "os gastos que implica o seu establecemento como traballadores autónomos ou por conta propia, ou ben como membros traballadores en sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado".

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, resaltou que estas axudas "supoñen unha tripla vantaxe para a sociedade galega no seu conxunto": favorecer o retorno de galegos "na diáspora", traer "emprendedores con coñecementos" e xerar "novos postos de traballo".

Ata agora, 51 iniciativas beneficiáronse destas subvencións, que son compatibles que outras axudas dos diferentes departamentos dependentes da Administración autonómica.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta