Arden 158 hectáreas en tres lumes, un deles aínda sen controlar

O incendio de Vilariño de Conso (Ourense), iniciado na noite do sábado, continúa sen controlar este luns, aínda que a Xunta dáo por "estabilizado" desde o domingo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2017 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

O lume, que afecta a un centenar de hectáreas calcinadas, comezou na parroquia de Castiñeira, e nas tarefas de extinción participaron cinco helicópteros, tres avións, 13 motobombas, 31 brigadas, 10 axentes e unha pa.

Un hidroavión tenta apagar un lume en Carnota
Un hidroavión tenta apagar un lume en Carnota | Fonte: Antonio Amboade

Por outra banda, ás 9,29 horas deste luns quedou controlado un incendio en Vilalba (Lugo), na parroquia de Vilapedre, cunhas 20 hectáreas queimadas. Traballaron seis motobombas, oito brigadas, tres axentes e un técnico.

Así mesmo, na noite do domingo quedou extinguido o incendio de San Cristovo de Cea (Ourense), na parroquia de Viña, que arrasou 38 hectáreas --30 de arboledo e oito de raso--. Na súa extinción traballaron 16 motobombas, 21 brigadas, 16 axentes, tres pas e un técnico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta