Temas: MúSICA

Concerto-tributo a Narf con máis de 30 artistas

Jabier Muguruza, Timbila Muzimba, Pepe Sendón, Marcos Teira, Carlos Santiago, Xelís de Toro, Uxía e Quico Cadaval, entre moitos outros, acuarán o 30 de agosto.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/08/2017 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

O vindeiro 30 de agosto a cidade de  Fran Pérez, Narf, Santiago de Compostela, renderalle merecida homenaxe ao músico falecido o pasado novembro cun espectáculo que quere celebrar o seu legado, tanto musical como teatral. Será un evento no que participarán máis de trinta artistas de Mozambique, Portugal, Euskadi, Inglaterra e, por suposto, Galicia. 

Narf canda Uxía en directo no Teatro Pastor Díaz de Viveiro en 2015
Narf canda Uxía en directo no Teatro Pastor Díaz de Viveiro en 2015 | Fonte: José Antonio Abella Albo

Fran Pérez tivo unha presenza permanente no Festival Feito a Man desde os seus inicios, e é por iso que a asociación Cidade Vella organiza este concerto-tributo ao artista na Praza da Quintana o 30 de agosto. As entradas xa están á venda en Ataquilla.com por só 15 euros.

Esta festa pretende, por unha banda, ofrecer unha panorámica significativa da súa música e, por outra, reunir na súa memoria non só os compañeiros e colectivos que compartiron camiño con el en Santiago, senón tamén amigos e artistas fundamentais no seu traballo chegados de Mozambique, Portugal, Euskadi e Inglaterra. 

O concerto, que está dirixido musicalmente por Marcos Teira, terá unha banda base e logo os convidados e convidadas irán interpretando temas do músico compostelán. Entre os artistas participantes poderemos ver a Timbila Muzimba, a banda mozambicana coa que compartiu o seu último proxecto; Carlos Santiago e Pepe Sendón, compañeiros na Psicofónica de Conxo e en Nicho Varullo; Uxía, con quen publicou o disco 'As baladas da Galiza imaxinaria'; o vasco Jabier Muguruza, parceiro no proxecto 'Mundo café'; e moitos outros como Xabier Olite, Guadi Galego, Espiño, Jim Sanders, e outros. 

Tamén haberá presenza destacada do mundo do teatro galego, con Manolo Cortés, de Chévere, compañía da que formou parte nos seus primeiros tempos; As Marías (María Bouzas e María Pujalte); Mofa e Befa; e Quico Cadaval. 

Uxía e Narf presentando o seu primeiro disco en conxunto
Uxía e Narf presentando o seu primeiro disco en conxunto

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta