O BNG pide declarar aos Franco e a súa Fundación “non gratos” en Galicia

O Bloque reclama a "devolución" do Pazo de Meirás ao ámbito público.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2017 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

O BNG presentou este luns unha declaración institucional e unha proposición non de lei na que reclama ao Parlamento e á Xunta que se sitúen en relación ao conflito xurdido co Pazo de Meirás, pedindo a súa "devolución" ao ámbito público e declarando tanto á familia Franco como á Fundación Francisco Franco "non gratos" en Galicia.

Pazo de Meirás (A Coruña)
Pazo de Meirás (A Coruña) | Fonte: Europa Press

O deputado nacionalista Luís Bará reclamou que desde o Parlamento se lidere un "chamamento a todas as institucións" para que se adhiran á plataforma creada "en prol da devolución do pazo" ao patrimonio público, unha cuestión que, opinou, debería "liderar" a Xunta de Galicia.

Do mesmo xeito, a declaración institucional "condena" as declaracións realizadas pola Fundación Francisco Franco, nas que aseguraban que empregarían a xestión de visitas a este Ben de Interese Cultural (BIC) para "honrar" a figura do ditador, e pide ao Goberno do Estado que se "ilegalice" esta entidade.

A maiores, o BNG reclama que Parlamento e Xunta "apoien" a declaración aprobada polo Concello de Sada pedindo xestionar desde o ámbito municipal as visitas a este espazo, así como que "se impida a entrada da Fundación Francisco Franco neste enclave".

Tras lembrar a "necesidade dunha Lei Galega de Memoria Histórica que evite que sucedan este tipo de cousas", Luís Bará reclamou tamén que desde o ámbito autonómico se declare como "non gratos" tanto á familia Franco como á fundación que leva o nome do ditador pola súa actitude en en relación a Meirás. "É o mínimo que se pode pedir", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 que

Victimizar aos Franco?, aos ladrons descendentes do ladron xenocida?, ninguen ten a culpa do que fixeron os seus ancestros, pero se fosen decentes en primeiro lugar devolverían o roubado e en segundo non lle entregarían a xestion a una organización fascista que promove o odio e que en calquera país deEuropa seria ilegal

4 Nexus 6

Es a los del Bloque, y también al resto de seres de parecido pelaje, a quienes habría que declarar non gratos en nuestra querida región de España.

1 que

Por sorte a xente ten mais intelixencia da que tes ti e ninguen vota a elementos que se lle pase pola cabeza declarar non grato a un partido que tivese os fallos que tivese sempre se caracterizou pola defesa dos intereses da Galiza, asi que a chorar a Cangas

3 Aínda existe o BNG?

Pero aínda existe o BNG??

2 McFlurry

Noraboa por vitimizar aos Franco... Metía medo ler os comentarios nos xornáis. Así non se loita contra o fascismo sociolóxico.

1 Gunter

Bien. Lo que tiene que hacer ahora el Pp con su mayoría absoluta es pedir la declaración del BNG cómo secta peligrosa.

1 que

Y a ti que tendrían que declararte?, especie en vías de extinción?